Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

As interaccións en redes sociais aumentan un 23 % respecto a 2021

by | Nov 28, 2022 | Axencia de márketing, Blog márketing, Márketing, Social media | 0 comments

A asociación da publicidade, márketing e comunicación dixital en España, IAB Spain, desvelou o pasado mes de setembro algunhas cifras moi interesantes sobre o comportamento das marcas e as empresas nas redes sociais.

É por iso que estes datos son de elevada importancia, especialmente desde o punto de vista da nosa axencia de márketing dixital.

Este estudo analiza a actividade de 190 empresas en Facebook, Instagram, YouTube, Twitter, LinkedIn e Twitch, co fin de comprobar a viralidade, as interaccións rexistradas ou as redes con maior volume de público e clientes potenciais. Unha das principais conclusións deste traballo é a destacada mellora nas cifras destas plataformas.

A media de interaccións acumuladas das redes sociais analizadas no estudo é de 1,5 millóns, o que implica un incremento do 23 % en relación aos resultados do ano 2021.

https://www.vincusys.gal/blog/un-estudo-ofrece-as-dez-claves-do-e-commerce-para-2022/

Principais redes sociais

Instagram é a rede con maior cota de interacción, cun 75 % e case un 10 % máis en comparación co pasado exercicio.

Facebook conta co 14 % (cae desde o 21 % de 2021), Twitter co 8 % (un 4% menos) e YouTube cun 3 %, que se mantén.

Facebook é a rede social con maior cota de comunidade (74 %) outro ano máis, seguido de Instagram cun 12 %, Twitter cun 8 % e YouTube cun 6 %. Twitter, pola súa banda, mantén a maior cota de publicacións, cun 79 %.

A X edición do Observatorio de Marcas en Redes Sociais determina que o compromiso medio que resultou do mesmo é do 2,5 %, o que supón un crecemento do 31 %. Instagram adquire resultados demoledores, cunha cota do 75 por cento, mentres que Twitter cae do 18 ao 16 %, YouTube mantén un 7 % e Facebook cae do 3 ao 2 %.

Pola súa banda, Twitter lidera as cifras de viralidade cunha cota do 91,37 %, polo que mellora aínda máis o 85,34 % do estudo de 2021.

O informe de IAB Spain destaca, ademais, que as marcas que utilizan recursos como os reels de Instagram chegan ata 12 veces máis de usuarios e xeran maior número de likes e gardados que cunha publicación normal. O formato post, con todo, rexistra unha maior efectividade se temos en conta o volume de comentarios.

https://www.vincusys.gal/blog/estudio-de-redes-sociales-2022-whatsapp-e-instagram-son-as-preferidas-e-tiktok-medra/

Sectores e redes sociais

Outro dos protagonistas no informe de IAB Spain é o sector editorial, que lidera as cifras tanto de comunidade como de interaccións, eficiencia e viralidade e sitúase en segunda posición no caso de publicacións e compromiso.

O estudo demostra que o sector editorial consolídase como un dos máis eficaces á hora de diseminar e optimizar o contido nas redes sociais.

Outros medios destacados son o de electrónica de consumo, en materia de comunidade, ou turismo, que se atopa no top 3 de sectores analizados con maior número de publicacións.

Doutra banda, as cifras plasmadas no informe de IAB Spain indican que o sector de lecer e entretemento obtén boas cifras en compromiso, onde se sitúa no terceiro posto, e na clasificación de eficiencia, no que ocupa a cuarta posición.

Este tipo de análises especializadas achegan toda clase de datos de utilidade á hora de enfocar as campañas do teu negocio, empresa, asociación ou institución, en función do sector no que se sitúe.

En VINCUSYS contamos con persoal especialista en redes sociais, márketing e deseño gráfico que poden axudarche a alcanzar os teus obxectivos e mellorar a túa presenza en liña.

Contacta coa nosa axencia de márketing dixital en Santiago de Compostela e cóntanos as túas necesidades.

https://www.vincusys.gal/blog/a-importancia-de-investir-en-marketing-en-periodos-de-crise-ou-recesion/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles