Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Cal será a evolución do e-commerce en 2022?

by | Feb 1, 2022 | Blog deseño web, Tenda on line | 0 comments

Revisado o 03/02/23 – Falamos moito sobre os novos hábitos que adoptamos durante a pandemia por covid-19. A realidade é que o consumo on line foi clave estes dous anos e os cidadáns admiten que esperan manter estes costumes. Neste post contámosvos sobre a evolución do e-commerce prevista, a través dos datos de varios estudos.

O comercio on line experimentará un crecemento de entre o 30 % e o 50 % durante 2022, segundo a información que manexa a axencia EXE. Isto supón un aumento moi grande deste método de compra en auxe dende hai anos. Os datos do Observatorio Cetelem 2021 mostran, ademais, que os españois gastamos uns 2.336 euros de media en e-commerce, un 11 % máis que en 2020.

As respostas das persoas que participaron nesta enquisa avalían o apoxeo. De feito, ao preguntar sobre a frecuencia de compra, o 16 % sinala que adquire produtos ou servizos on line varias veces por semana.

Tamén destaca que o 70 % dos españois adquiriu algo por e-commerce a través dun dispositivo móbil, un dato que baixa nun 1% con respecto ao 2020. A pesar disto, as previsións con respecto ao comercio on line semellan indicar que é un medio que estará cada vez máis presente.

O social commerce ou comercio social é aquela experiencia de compra na que o cliente realiza todo o proceso nunha rede social, dende o descubrimento do produto ou servizo ata a súa adquisición. Segundo un estudo da empresa tecnolóxica Bazaarvoice, o 31 % dos consumidores valora positivamente poder comprar a través de plataformas 2.0.

Isto é interesante para os pequenos comercios. Un informe da empresa Accenture titulado “Why shopping is set for a social revolution” apunta que máis da metade (59 %) das persoas que compran por redes sociais afirman que é máis probable que adquiran os seus produtos ou servizos cando as pemes teñen implementado o comercio social.

Que agardan os consumidores do comercio en Internet?

O Observatorio Cetelem 2021 preguntou aos entrevistados sobre os aspectos positivos e negativos deste medio. Os consumidores valoran especialmente a rapidez e sinxeleza no proceso de compra, así como a facilidade á hora de realizar devolucións.

Debe ser un espazo traballado e actualizado, na tenda teñen que estar dispoñibles os novos produtos. Aos compradores tamén lles interesa poder ver as opinións doutros clientes, pois valoran os comentarios de quen xa probou o servizo ou produto. A túa tenda debe responder sempre a estes e mostrar interese polos usuarios.

Ademais, é importante que a túa páxina web resolva posibles dúbidas dos consumidores. Un 57 % asume que emprega o propio sitio web como fonte de información da marca antes de facer unha compra. No caso das redes sociais, están experimentando unha subida como medio para coñecer os negocios, chegando ao 38 %.

Por todo isto debes ter unha comunicación coidada e actualizada. Os clientes valórano positivamente e, de feito, traballar nunha boa estratexia de márketing leva a que máis persoas confíen no teu sitio web.

Cabe destacar que as redes sociais aínda non son un medio de compra xeneralizado, pois só o 13 % dos españois a empregan para iso. Este dato supón unha subida do 4 % e a tendencia seguiría en proceso ascendente. As compras en Instagram representan un 44 %, un 9 % máis que en 2020; mentres que as de Facebook supoñen un 49 %, un 11 % menos que o período anterior.

As diferentes redes sociais queren implementar ou mellorar esta posibilidade de facer todo o proceso de adquisición dun produto ou servizo nas súas plataformas. Isto pode favorecer ás pequenas empresas por ter a posibilidade de vender con condicións similares a negocios máis grandes.

O perfil do consumidor nesta evolución do e-commerce

Os cidadáns preocupáronse máis polo comercio de proximidade durante estes últimos dous anos. O produto local gañou forza, pero ademais o 86 % das persoas enquisadas no estudo de Bazaarvoice afirmaron que queren manter os hábitos de compra que asumiron coa crise do covid-19.

En concreto, 7 de cada 10 persoas admitiu que mudaron os seus costumes como consecuencia da pandemia, segundo o IV estudio marcas con valores: a era das consecuencias realizado pola axencia 21 gramos.

O 60 % dos españois valora de forma positiva que unha marca mostre uns valores, xa non se fixa só na calidade e o prezo. Ademais, os datos mostran que os cidadáns intentan levar a cabo compras responsables e un estilo de vida consciente.

Por iso, o produto local gañará aínda máis peso. As persoas asumen que revisaron parte dos seus valores e hábitos, e agora apostan por comprar en negocios máis pequenos e en marcas máis responsables co medio.

Se queres abrir un e-commerce, contacta coa nosa axencia de márketing en Santiago de Compostela. Axudámoste coa implantación do teu negocio en Internet e coa comunicación da túa marca.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles