Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Definir o teu público obxectivo é vital para unha boa comunicación

by | Feb 10, 2022 | Blog comunicación, Comunicación | 0 comments

Á hora de definir a estratexia de márketing e comunicación da túa empresa hai moitas cousas que debes ter en conta, pero descubrir o teu target é unha das primordiais, por non dicir a máis relevante. Definir o teu público obxectivo non é tarefa sinxela, pero conseguilo suporache un montón de beneficios e fará a túa campaña moito máis efectiva.

Pretender que todo o mundo queira o teu produto ou servizo é buscar o imposible. Hai unha máxima en publicidade que di “produto para todos, produto para ninguén”. Se as túas campañas se dirixen ao máximo de persoas posibles sen ton nin son, perderás tempo, cartos e, probablemente, posibles clientes. O mellor que podes facer é intentar que a túa mensaxe chegue á xente á que realmente lle pode interesar o teu negocio e mercar nel.

Para comezar, debes saber que o teu público obxectivo é o grupo de persoas que é máis probable que compre o que vendes. Comparten unha serie de características, aínda que é certo que podes ter perfís diferentes de potenciais clientes para un mesmo produto.

O mundo do márketing e da publicidade foi evolucionando e volvéndose máis complexo. Antes só se tiñan en conta unha serie de factores sociodemográficos á hora de coñecer o teu target, como xénero, idade ou zona xeográfica. Agora, os expertos intentan ir ao máis exacto. Evidentemente, son datos que aínda se teñen en conta, pero canto máis segmentes mellor.

Antes de identificar o teu target

Hai bases que nunca cambian. É evidente que, antes de preguntarte a quen vai dirixido o teu produto ou servizo, tes que identificar as características deste. Prezo, estilo, como se emprega… un montón de cousas a ter en conta que te axudarán a saber a quen lle pode interesar o que vendes.

Por exemplo, se tes un produto dirixido a empresas (B2B), o enfoque será moi diferente ao de aquel que dirixas a cliente final (B2C). Do mesmo modo, podes ofrecer servizos a diferentes prezos dentro do teu negocio que seguramente non interesen ao mesmo tipo de público.

Á vez, é importante coñecer a situación do mercado. Probablemente isto é algo que estudes para moitas das accións que realizas na túa empresa, pero non debes ignoralo de cara a definir o teu público obxectivo.

Entre outras cousas, debes observar se o mercado está moi saturado ou se hai algún ámbito pouco explotado. Ademais, podes segmentar o mercado segundo o ámbito xeográfico ou demográfico. Saber, por exemplo, se vas ter actividade nunha zona pequena ou vas saír das fronteiras, fará que a túa comunicación se dirixa a un público ou outro.

Como definir o teu público obxectivo?

Observar as estratexias da túa competencia é unha boa forma de comezar. Podes ver os seus proxectos, pero agora tamén é fácil saber a reacción do público a través das redes sociais.

Hoxe en día temos a sorte de contar coa intelixencia artificial, que permite aos negocios coñecer ben ao seu target, sempre tendo en conta a normativa de protección de datos. Isto posibilita adaptar os contidos segundo as necesidades e os gustos do teu público.

Con estes datos debes intentar diferenciarte. Tes que atender a variables máis alá das sociodemográficas. Reparar nos pensamentos, intereses e o comportamento dos teus clientes ou potenciais clientes é o que máis interesa na actualidade.

É importante que a túa marca mostre uns valores en consecuencia con estas características. Tamén debes reparar en que problema lle vas solucionar ao cliente e que beneficio busca este. Comunicar isto é importante, polo que tes que entender en que lle vas axudar para poder expresalo.

Un exemplo de marca cunha gran competencia que aproveita os intereses do seu público obxectivo é Domino’s pizza. Esta empresa apostou por anunciarse a través de creadores de contido de Twitch. Por que? O seu público é novo; pasa tempo na casa vendo streaming, polo que é natural que pida a domicilio; e está interesado no entretemento, así que o negocio ten unha importante relación co mundo do gaming.

Beneficios de coñecer ao teu público

Todo isto axudará á túa empresa en varios sentidos, pero sobre todo permitirá reducir custos. Se sabes a quen debes dirixirte, podes facer a túa campaña de márketing en consecuencia. Así, a túa mensaxe chegará directamente a quen lle interesa. Doutra forma estarías facendo esforzos en van, porque a túa comunicación chegaría a quen non vai consumir a túa marca.

Coñecer o teu público é unha gran axuda de cara a definir que linguaxe empregar ou que redes sociais utilizar. Grazas a saber como é o teu target, cada punto da túa comunicación pode verse potenciado, incluso as canles polas que mandar a información.

Ademais, unha boa campaña de márketing fará que aumenten os teus clientes. Así, non só terás unha redución dos custos, senón novos beneficios. Ao unir a persoas con intereses semellantes, podes tecer unha comunidade ao redor da túa firma.

Canto mellor coñezas ao teu público, máis adaptarás o teu negocio ás súas necesidades. Poderás, incluso, descubrir novos nichos de mercado e saber cales son os produtos ou servizos que mellor funcionan.

Estas son algunhas das chaves que debes ter en conta de cara a coñecer o teu público obxectivo. Se precisas axuda para xestionar a comunicación da túa empresa, contacta coa nosa axencia de márketing en Santiago de Compostela, ¡levamos a cabo todo o proceso!

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles