O rebranding consiste nunha modificación da imaxe dunha marca para conseguir uns obxectivos concretos. Supón un cambio nos elementos que identifican un negocio, polo que é unha acción estratéxica con moitas implicacións sobre a súa comunicación.
Noticias
Logotipo
A importancia da identidade de marca
Cada marca é diferente. Isto é un feito. Unha marca non é soamente un logotipo, unha marca é todo o que hai detrás: os traballadores, os produtos, os servizos e os valores que ten. Agora ben, a identidade de marca é todo aquilo polo que os teus consumidores che van recoñecer. Isto inclúe aspectos como o ton que empregas cando comunicas os conceptos que queres expresar, as mensaxes que transmites, os valores da túa marca e as emocións que provocas nos teus clientes cando interactúan coa túa marca.
Marca persoal: deseñamos a imaxe do Doutor Alberto Ferro
O Doutor Alberto Ferro acaba de abrir unha consulta en Brión (A Coruña) e contactounos para crear a súa imaxe de marca. Quería algo sinxelo, moderno, pero sen estridencias, con cores alegres e que evocase o seu sector.