Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Por que a túa empresa precisa apostar por Google My Business?

by | Set 10, 2021 | Blog comunicación, Comunicación, Márketing, Publicidade, Sen categoría, SEO | 0 comments

Hoxe en día, se tes un negocio é de vital importancia contar cunha presenza coidada en Internet, tanto a nivel web como de redes ou de Google My Business, independentemente de se tes unha compañía de gran tamaño, unha peme ou un comercio pequeno. E digo “coidada” porque, se es visible en Internet, existe a posibilidade de obter malas recensións ou comentarios e que a túa imaxe se vexa comprometida. Por este motivo é importante estar na web e coidar a túa imaxe, do mesmo xeito que mantés en bo estado a túa tenda física ou o teu escaparate.

Que é Google My Business?

Google My Business é un perfil de empresa que podes crear de forma totalmente gratuíta para facer máis visible a túa compañía en Internet. Grazas a el, aqueles que intentan atopar un determinado perfil de negocio ou servizo poden localizarte mediante o buscador de Google ou a través de Google Maps.

É posible crear un perfil tanto se tes unha tenda física ou un local para a túa empresa como se non. Porén, se non tes unha dirección postal que engadir, non poderás sacar partido a moitas das funcionalidades que este sitio oferta.

Todo o que podes facer con el

Na túa ficha de empresa poderás engadir toda a túa información: horario de atención ó cliente, tipo de servizo que ofreces, dirección postal, número de teléfono, páxina web, etc.

Ademais, tes a posibilidade de interactuar cos teus clientes a través das recensións de Google. Eles escriben as súas opinións cunha clasificación de estrelas (o baremo vai de unha a cinco) e ti podes responder ós seus comentarios.

https://www.vincusys.gal/blog/a-importancia-da-empatia-na-venta/

Como especialistas en márketing dixital recomendámosche atendelos de forma adecuada e amable. Debes ter sempre presente que non só poderá ler as túas palabras quen fixo o comentario, senón calquera persoa que visite a túa ficha de Google My Business. É o mesmo que conversar cun cliente á cara, pero ante millóns de persoas.

https://www.vincusys.gal/blog/os-erros-mais-frecuentes-en-atencion-ao-cliente/

Agora é moi elevada a cantidade de persoas que consultan as recensións dun local antes de acudir a el ou dun produto antes de compralo. Contar con boas críticas no teu perfil e con respostas apropiadas terá un impacto moi positivo no teu negocio.

Visibilidade en Google Maps

A ferramenta de Google Maps axudará ás persoas interesadas no teu comercio a atoparte facilmente. Poderán chegar ata o teu local de forma sinxela, sabendo de antemán canto tempo lles levará dependendo do medio de transporte que empreguen.

Ademais, aqueles que aínda non te coñezan poderán descubrir o teu negocio mediante a busca de palabras relacionadas. Con isto refírome a que se dispós dun taller mecánico na Coruña e alguén busca “reparación de coches na Coruña” é moi probable que te atopen a través do mapa. Isto é o que se coñece como SEO local.

Por outra parte, a xente usa cada vez máis os smartphones para realizar as súas buscas. Polo tanto, é probable tamén que te atopen por proximidade, isto é, buscando termos coma “taller mecánico preto de min”.

Contar con boas críticas no teu perfil e con respostas apropiadas impactará de forma moi positiva no teu negocio.

https://www.vincusys.gal/blog/que-e-o-seo-e-por-que-e-necesario/

Publicacións en Google My Business

Ó igual que Instagram, Facebook, Twitter e Google My Business admite publicacións de fotografías e de vídeos. Para ámbolos formatos a calidade debe ser boa, cunha resolución recomendada de 720×720 píxeles no caso das fotografías.

Subir contido á túa ficha de Google My Business axudarache a mellorar o teu posicionamento nos buscadores. Isto débese a que Google premia ós perfís actualizados nos que as persoas que se interesan polo teu comercio poden ver as túas publicacións.

Mellora da presenza en Internet

Poder reunir toda a información da túa entidade nun mesmo lugar, facela accesible para todos aqueles que queiran consultala e ser capaz de chegar a clientes potenciais, son razóns máis que suficientes para crear un perfil de empresa en Google My Business. Na nosa axencia de márketing na Coruña podemos axudarte con todo o proceso.

https://www.vincusys.gal/blog/a-importancia-de-estar-en-internet/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles