Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

O noso aspecto, a forma que temos de relacionarnos cos nosos familiares e amigos, as mensaxes que transmitimos, os nosos xestos e comportamentos… fan que de maneira indirecta as persoas teñan unha percepción sobre nós. Non se trata dun proceso consciente, senón que de maneira automática, fan que os demais formen a súa propia representación mental sobre nós. Por iso é importante diferenciarte coa túa marca persoal.

Entendemos marca persoal como o reflexo de quen es, e ten que estar en continua evolución e crecemento. Coa marca persoal non só queremos chegar a un gran número de persoas, senón ser alguén realmente coñecido nunha materia.

É como considerarte a ti mesmo como unha marca comercial. Ao fin e ao cabo somos un produto no mercado que ten competencia con outros artigos, entre os cales debemos escoller. Cando lanzamos algo novo ao mercado necesitamos un plan estratéxico, táctico… e coa marca persoal é o mesmo.

Sabes como diferenciarte coa túa marca persoal?

Toma boa nota:

  • Obxectivos: hai que saber en que es bo e potencialo, que é o que che fará diferente ao resto. Tamén hai que ter claro onde estás e a onde queres chegar. Saber a onde queres ir é determinante á hora de acertar o camiño.
  • Observar á competencia: Non tés que copiar o que fai a túa competencia, senón informarte sobre o que está facendo porque che pode axudar a ver que accións poden resultarche beneficiosas e cales evitar. Moitas veces a imaxe que estamos mostrando non corresponde á que queremos transmitir e hai que ter especial coidado con iso.

buena marca personal con

  • Medios a utilizar para potenciar a túa marca persoal: redes sociais como Linkedin, Facebook, Twitter, YouTube, etc., un blog (do que falaremos máis adiante); e-mail márketing
  • A quen queres dirixirte: é un erro querer chegar a todo o mundo. Por exemplo, non se dirixen ao mesmo tipo de clientes unha pensión que un hotel de cinco estrelas, así que terás que segmentar ben aos teus clientes potenciais porque podes ser o mellor facendo unha determinada cousa, pero se non chegas ao teu público obxectivo non servirá de nada.
  • Programar cantas veces farás publicacións: planificar as túas publicacións e determinar o contido que vas publicar nas distintas redes sociais é moi importante. Non é o mesmo facer unha publicación en Linkedin, que é unha rede profesional e polo tanto empregaremos unha linguaxe máis coidada que en Twitter, dadas as súas limitacións como o número de caracteres. De igual maneira, é imprescindible coidar a forma na que te describes en redes sociais (biografía), así como ter unha boa imaxe de perfil, pois será a primeira visión que terán de ti.

una buena marca personal

  • Medio propio: é conveniente ter un medio propio. Un bo exemplo pode ser a creación dun blog, no que podes mostrarte de maneira máis próxima cos teus usuarios, e podes facelo de maneira sinxela con WordPress.
  • Medición de resultados: se levas a cabo todo o anterior, é primordial avaliar os seus efectos, senón non valerá de nada. Hai que ter en conta a interacción que teñen os usuarios cos teus posts, tweets, publicacións, etc… Estas interaccións poden ser tanto positivas como negativas, e aínda que ámbalas dúas son valiosas, as negativas son as que nos axudarán a mellorar.

Ao crear marca persoal conseguirás visibilidade, diferenciación e crearás confianza e proximidade e recorda: custa moito gañar un cliente pero moi pouco perdelo, así que esfórzate na creación da túa marca persoal e ten moita paciencia. Contacta connosco para máis información.

Foto: ColiN00B, FirmBee, geralt

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles