Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Renovamos a páxina web de Xercode

by | Set 7, 2021 | Blog VINCUSYS, Deseño gráfico, Deseño web, Posicionamento web, Sen categoría, SEO, Web | 0 comments

Xercode é unha empresa pioneira no ámbito das solucións integrais para a xestión documental. Aposta polo software libre para ofrecer numerosos servizos diferentes capaces de integrarse entre si e todos dentro da súa plataforma integral xebook.

A compañía quería unha axencia que ofrecera deseño web en Santiago de Compostela e renovou a súa páxina web con nós, co obxectivo de ofrecer ós seus clientes un deseño web mellorado e unha experiencia de navegación optimizada. O sitio está deseñado dunha forma moi intuitiva para que a navegación sexa agradable e sinxela, cun menú sempre presente para evitar perderse dentro da páxina.

Dentro da web é posible visualizar a historia e a filosofía da empresa, observar unha listaxe de tódolos servizos que ofrece, acceder ó seu soporte técnico permanente e ler todas as noticias do blog. Este último apartado ofrece novos contidos cada semana para que os seus clientes poidan manterse ó día.

Ademais, unha das novidades da páxina é a nova sección de Comunidade NUX (núcleo de usuarios de xebook), un espazo pensado especialmente para a comunidade de usuarios da plataforma de Xercode. Nel poderán descubrir as diferentes funcionalidades do ecosistema de xebook, intercambiar información e recursos e compartir o seu coñecemento co obxectivo de achegar valor á comunidade de software libre de Koha e PKP.

diseño página web xercode

Deseño e optimización van da man

A páxina web dunha empresa é o seu escaparate en Internet. Por iso, é de vital importancia poñer en práctica o manual de marca dentro do sitio, empregando as cores e as tipografías corporativas. Isto é exactamente o que fixemos con Xercode, de xeito que están presentes nas diferentes seccións da páxina.

A optimización SEO é outro dos pilares do deseño e desenvolvemento web. Por este motivo, en VINCUSYS encargámonos de que tódalas páxinas que deseñamos estean enfocadas ós requisitos esixidos polos buscadores. Isto, xunto a un deseño responsive e mobile friendly, converte a un sitio web nun lugar agradable para navegar e mellora exponencialmente a experiencia de usuario.

En VINCUSYS escoitamos o que os nosos clientes están buscando, ofrecémoslles asesoramento e damos resposta ás súas necesidades.

Se tes en mente crear unha páxina web para o teu negocio e buscas unha axencia de márketing que ofreza deseño web en Santiago de Compostela, Galicia, contáctanos! Encargámonos de todo.

https://www.vincusys.gal/blog/equaby-estrena-imaxe-de-marca-e-tenda-online/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles