Noticias

Blog software
SuiteCRM, vantaxes da xestión eficiente de clientes

SuiteCRM, vantaxes da xestión eficiente de clientes

Sabías que durante os últimos anos xurdiron numerosas aplicacións cuxa finalidade é axudar ás empresas a xestionar, recompilar e almacear os datos dos seus contactos en ficheiros para poder procesar a información de xeito máis rápido e preciso? É o caso de SuiteCRM, do que che imos falar neste artigo. Estas aplicacións reciben o nome de xestores CRM e son moi úteis hoxe en día para calquera tipo de empresa ou negocio independentemente do seu tamaño.

Beneficios do CRM para empresas

Beneficios do CRM para empresas

Un CRM (Costumer Relationship Management) é un software destinado a organizar e administrar as relacións entre unha empresa ou negocio e os seus clientes, ademais de ser unha gran ferramenta para xerar vendas. Grazas a este sistema podemos ter dispoñible e accesible toda a informaicón dos nosos clientes actuais e tamén dos potenciais (nome, apelidos, teléfono, correo…). Tamén poderemos saber cal foi o primeiro contacto que tivo un cliente coa nosa empresa, a través de que medio o fixo, etc. O CRM para empresas é adecuado para todos os sectores, pero é certo que non é igual para todos os negocios, incluso os do mesmo sector.