Noticias

Blog tecnoloxía
Vantaxes e inconvenientes de WhatsApp Business

Vantaxes e inconvenientes de WhatsApp Business

Cada vez máis negocios fan uso das ferramentas que ofrecen as distintas redes sociais para conectar cos seus clientes dunha forma directa e personalizada. WhatsApp Business é unha nova liña de comunicación directa que poden empregar os clientes e as empresas para comunicarse dunha forma sinxela e efectiva. Permite automatizar, organizar e responder dun xeito rápido ás mensaxes.

As nosas impresións sobre WhatsApp para negocios

As nosas impresións sobre WhatsApp para negocios

Hai uns días chegaba a Google play unha das apps máis esperadas polas empresas e os autónomos. Falamos de WhatsApp para negocios ou WhatsApp Business. Nun principio, só está dispoñible para a versión de Android, pero non tardará moito en chegar á App Store. Esta nova aplicación non nos abre un novo mundo porque a maioría dos negocios xa usábamos a versión clásica deste servizo de mensaxería para comunicarnos cos nosos clientes, pero si que nos ofrece certas novidades que temos que mencionar. Estes días estivemos testándoa e queremos compartir as nosas impresións sobre WhatsApp para negocios con vós.

Como os códigos QR poden axudar a medrar o noso negocio?

Como os códigos QR poden axudar a medrar o noso negocio?

Os códigos de resposta rápida ou códigos QR (do inglés, Quick Response code) son un tipo de código de barras bidimensional (2D) que pode ser lido cos teléfonos intelixentes iPhone, Android ou Smartphone e dispositivos didicados á lectura, que enlazan directamente ao texto, correos electrónicos, sitios web, números de teléfono e moito máis.