Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Sinceridade e transparencia nunha axencia de márketing on line

by | Xuñ 25, 2017 | Axencia de comunicación, Axencia de márketing, Blog márketing, Comunicación, Márketing, Social media, Tenda on line | 0 comments

Desgraciadamente, o mundo da axencia de márketing on line cada vez está máis asociado ao concepto de vendedores de fume. Non podo dicir que non nolo gañaramos. É un dos grandes problemas da venda de intanxibles que, por outro lado, neste ámbito é facilmente solucionable achegando estatísticas «oficiais» de Google, Facebook, Twitter… que non se poden trucar e que non enganan. O que si engana é, como en prensa, a visión que se dá ao cliente sobre os resultados obtidos.

Tanto nunha axencia de márketing on line, axudando a empresas a contactar, atopar e fidelizar clientes como na propia compañía co cliente final, a sinceridade e a transparencia son vitais. Sen elas, é imposible conseguir unha relación de confianza e de win-win.

Honestidade: Explicar ao cliente que necesita, por que e cal sería un prezo xusto.

É unha cuestión de honestidade o explicarlle ao cliente con total transparencia que necesita, por que e cal sería un prezo xusto para cubrir esas necesidades. Vender redes sociais como churros, tendas on line con múltiples carencias ou webs estáticas que van quedar abandonadas sen mantemento de WordPress… pan para hoxe e fame para mañá.

Vender por vender non é a solución

Pola nosa propia experiencia, atopamos casos nos que vender e vender e conseguir espremer ao máximo ás empresas é o único obxectivo. Unha empresa comentounos que unha axencia de márketing on line lle propuxo ter unha canle en Youtube e ir engadindo vídeos que lles farían polo módico prezo de 600 euros a unidade. Sen meternos no prezo do vídeo, que pode ser moi barato ou moi caro segundo o que foran facer, non se entende que para unha tenda de mobles pequena, sen showroom, que non participa en feiras e que vende pouco máis que no barrio se lle ocorra a ninguén vender unha canle de YouTube. Quen vai ver eses vídeos máis aló de familiares e amigos? Hai formas moito máis eficaces de conseguir retorno de inversión cando manexamos 600 euros na canle on line.

Recentemente tamén coñecemos o caso dunha axencia que lle propuxo a un cliente con cinco restaurantes da mesma temática facer cinco webs, cinco páxinas de Facebook, cinco contas en Twitter, en Instagram… Cando as sinerxias de telos todos nunha mesma web e nun mesmo espazo en redes poderían xerar sinerxías moi interesantes, máxime nunha cidade grande como Madrid e, especialmente, se ademais queres montar unha tenda on line para vender algúns dos produtos que serves nos teus restaurantes.

Curtopracismo non! Se o cliente gaña, eu gaño

O curtopracismo co que se trata a moitos clientes no noso ámbito leva a perdelos a medio prazo e a conseguir o seu desánimo e desconfianza no sector. A transparencia nunha axencia de márketing é fundamental. Non vendamos o que sabemos que non vai funcionar. E se non o sabemos, non garantamos o que non podemos cumprir. Imaxinádesvos a un arquitecto dicindo que non sabe se a estrutura aguantará o peso dos mobles da casa? Ao final estamos xogando cos resultados das empresas e os postos de traballo das persoas que as conforman.

Pode que a sinceridade e a transparencia fagan que unha axencia de márketing on line medre de forma máis pausada, pero sen dúbida creará relacións coas empresas moito máis estables, fiables e duradeiras. Se o meu cliente gaña, eu gaño. Se el medra, eu podo medrar con el. Non matemos á galiña dos ovos de ouro.

Quizais queiras ler tamén o noso artigo sobre a empatía na venda:

https://www.vincusys.gal/blog/a-importancia-da-empatia-na-venta/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles