Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

SuiteCRM, vantaxes da xestión eficiente de clientes

by | Mai 26, 2021 | Blog tecnoloxía, Software | 0 comments

Revisado o 1/02/23 – Sabías que durante os últimos anos xurdiron numerosas aplicacións cuxa finalidade é axudar ás empresas a xestionar, recompilar e almacenar os datos dos seus contactos en ficheiros para poder procesar a información de xeito máis rápido e preciso? É o caso de SuiteCRM, do que che imos falar neste artigo. Estas aplicacións reciben o nome de xestores CRM e son moi útiles hoxe en día para calquera tipo de empresa ou negocio independentemente do seu tamaño.

Que é un CRM?

A resposta é ben clara, un CRM é unha estratexia ou modelo de xestión que trata de garantir a satisfacción do cliente. Xeralmente dita estratexia apóiase no uso de softwares informáticos denominados Sistemas de Xestión Empresarial (ERP), entre os que se atopa o software CRM.

Un software CRM ten como finalidade xestionar as relacións cos clientes, tanto potenciais como actuais consumidores. Ditos programas informáticos inclúen a capacidade de recompilar, xestionar e almacenar datos do contacto, facer un seguimento das vendas e, en xeral, facilitar a xestión da información do negocio, centrándose principalmente en mellorar os procesos internos e a produtividade.

O CRM non é só útil para mellorar a atención ao cliente, senón que tamén se pode aplicar a outros departamentos internos da empresa, como por exemplo o departamento de vendas e márketing, que se benefician das vantaxes do CRM grazas a que o fluxo de información entre as distintas áreas será máis veloz e precisa, favorecendo a retroalimentación entre departamentos.

Quizais che interese ler tamén este artigo sobre as vantaxes dos CRMs para os negocios.

https://www.vincusys.gal/blog/beneficios-do-crm-para-empresas/

SuiteCRM, unha nova ferramenta para a túa empresa

Existen no mercado numerosos softwares xestores de clientes, de entre todos eles destaca SuiteCRM, un software con código aberto deseñado co fin de permitir ás compañías acceder, planificar e xestionar os datos da súa bolsa de clientes de xeito rápido, á par que pode analizar e cribar dita información.

Algunhas das características máis salientables deste programa son:

  • Permite xestionar os contactos.
  • Facilita a planificación das tarefas.
  • Axuda a xestionar proxectos.
  • Xestiona documentos.
  • Pode organizar os produtos en categorías.
  • Ten funcións de calendario.
  • Pode realizar seguimentos das vendas.
  • Permite crear campañas.

Vantaxes de empregar SuiteCRM

SuiteCRM é un software que conta con numerosas vantaxes, entre elas a súa sinxeleza, pois é un programa moi intuitivo e sinxelo de empregar. Tamén dá pé á personalización, podendo ofrecer un servizo 100 % personalizado e adaptado a cada usuario.

Grazas á súa funcionalidade de automatización permite organizar e xestionar de maneira automatizada a información. A maiores, isto compleméntase con que tamén é programable, é dicir, permite establecer prazos de entrega, programar e-mails no tempo, etc. Por outra banda, a información é gardada na nube, polo que é un software moi seguro.

No referente á carteira de produtos, pódeche axudar á organización, creando estratexias de vendas únicas e adaptadas a cada cliente. Finalmente, outro punto forte deste programa é a súa mellora na comunicación dentro da empresa en cada un dos departamentos.

Se estás pensando en apostar polo seu CRM ou por SuiteCRM, podemos axudarche.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles