Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Un deseño web a medida para normaSis

by | Set 22, 2021 | Blog VINCUSYS, Deseño web, Sen categoría, Web | 0 comments

NormaSis é unha consultoría integrada por profesionais altamente cualificados que se encargan de establecer mecanismos internos de prevención para garantir que as empresas cumpren co marco normativo aplicable. Entre os seus servizos atópanse a creación de plans de seguridade, protección de datos e compliance.

Co obxectivo de mellorar a súa visiblidade en Internet, normaSis apostou pola elaboración dunha páxina web a medida da man de VINCUSYS. Para o seu deseño analizamos o manual de identidade corporativa e puxémolo en práctica, empregando as tipografías e as cores da firma.

Sempre temos en mente a importancia da experiencia de usuario. Polo que, primeiro, estudamos como debería estar estruturada a información, para que quen a visite atope o contido facilmente.

página web normaSis

A páxina de inicio está formada por unha presentación da empresa, un apartado que mostra as últimas noticias do blog e os datos de contacto. Para coñecer un pouco máis a organización e o equipo, construímos unha sección de ‘nosotros’ que afonda no tema; mentres que ‘servicios’ brinda información da actividade do negocio e detalla as diferentes actividades que levan a cabo.

Por outro lado, ‘formación’ ofrece unha explicación detallada sobre os diferentes tipos de ensinanza que ofrece normaSis. A web conta tamén cun apartado de ‘noticias’ que permite ós usuarios ler información sobre os temas relacionados coa empresa.

Por último, ten unha sección de contacto a través da cal é posible escribir á compañía para calquera dubida que poida xurdir.

A páxina web de normaSis está á orde do día no que se refire a deseño responsive. Somos conscientes do gran aumento do uso que experimentaron os dispositivos móbiles nos últimos anos e é por isto que prestamos atención a que as páxinas web que desenvolvemos sexan mobile friendly.

Somos especialistas no deseño de páxinas web en WordPress. Atopámonos á última en canto a deseño e seguimos as tendencias actuais para construír webs modernas, actualizadas e agradables á vista.

Na nosa axencia de márketing en Galicia, encargámonos de realizar un deseño web a medida, escoitando sempre as túas necesidades de cara a mellorar a presenza on line da túa empresa.

https://www.vincusys.gal/blog/renovamos-a-paxina-web-de-xercode/

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles