Auditorías tecnolóxicas

Auditorías

Toda empresa precisa apostar polas tecnoloxías da información, os sistemas informáticos e a automatización de procesos para mellorar a súa produtividade. As Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) convertéronse en elementos chave en calquera actividade empresarial porque brindan novas opcións para facer fronte a un mundo cada vez máis globalizado e competitivo, permitindo expandir e internacionalizar a actividade de calquera compañía.

Axudamos a empresas como a túa a concentrarse na súa actividade principal. Grazas ao outsourcing nós encargámonos das túas actividades técnico-informáticas. Facémonos cargo da estratexia tecnolóxica dos teus sistemas e adaptámolos ao novo modelo de económia global. Ademais, reducimos a distancia cos teus clientes, o que che permitirá acceder a un mercado potencial maior grazas ás novas canles de comunicación.

A través do noso servizo de auditoría tecnolóxica verificamos o cumprimento dos estándares e boas prácticas que precisas para a tranquilidade da túa empresa. Convertémonos así nun socio tecnolóxico que aporta valor á túa empresa.

Non esperes máis e ponte en contacto connosco para comprobar que contas coa implementación correcta conforme aos estándares nos teus sistemas informáticos.

Comezamos?

Infraestruturas

Realizamos unha análise da infraestrutura tecnolóxica e redes da túa empresa para verificar a integridade e o cumprimento normativo. Buscamos solución para optimizar o teu negocio.

Ciberseguridade

Auditamos os sistemas informáticos para cumprir cos estándares de seguridade actuais. Ofrecemos servizos de defensa e monitorización en tempo real para sistemas e redes informáticas.

Calidade do software

Ofrecemos un servizo de análise minucioso do software da túa empresa para localizar as posibles deficiencias ou vulnerabilidades existentes tanto no desenvolvemento como na implementación realizada.

VINCUSYS

Comezamos algo novo?

De conformidade coas normativas de protección de datos, facilitámoslle a seguinte información do tratamento: Responsable: VINCUSYS, SL. Fins do tratamento: manter unha relación comercial e enviar comunicacións de produtos ou servizos Dereitos que lle asisten: acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición. Máis información do tratamento na política de privacidade.