Está claro que unha estratexia SEO adecuada é imprescindible para calquera negocio on line. Unha boa estratexia permítenos avanzar e mellorar a nosa presenza dixital. É esencial coñecer aqueles puntos clave que van permitir mellorar a nosa posición en buscadores, evolucionando e evitando o estancamento.
Existen centos de indicadores que afectan á posición dun sitio web en buscadores. Cómpre destacar os máis de 200 factores que afectan ao SEO que Google ten en conta á hora de situar un sitio web. Por isto, é preciso seguir unha estratexia ordenada e coherente.
Estratexia SEO
Mostrámosvos 10 principios a ter en conta, e que todo profesional debería ter en conta, para deseñar unha boa estratexia SEO e acadar os obxectivos de todo negocio on line.
- O SEO debe ter un obxectivo, estratexia e tácticas claras e definidas. O SEO debe ir na liña da estratexia xeral de márketing dixital.
- Está moi relacionada co contido e a arquitectura da información, a facilidade de uso e a accesibilidade web. É de vital importancia ofrecer unha boa experiencia de usuario (UX).
- O SEO non é un fin en si mesmo. Son unha serie de técnicas para resolver un problema ou necesidade comercial.
- Basease en datos, rexeita as técnicas vaidosas.
- Hai que ter en conta tanto aos humanos como aos robots dos buscadores á hora de crear a web cubrindo as necesidades de ambos.
- Sen comprometer a efectividade e simplicidade busca solucións creativas e que te diferencien da competencia.
- Se aparecen situacións ou problemas similares replica as solucións que mellor funcionan.
- Sigue as recomendacións dos motores de busca. Non cumprir coas recomendacións destes pode ser prexudicial para os resultados.
- Evita o spam. Non empregues ningunha estratexia que poida ser considerada spam.
- Crea un SEO sostible no tempo. Evita os parches temporais e crea unha estratexia de valor que incremente co tempo o posicionamento e o valor comercial do negocio.
Estes son os principios a ter en conta para conseguir os obxectivos on line de calquera negocio no referente á súa estratexia SEO. Quizais queiras ler este outro artigo sobre vantaxes e desvantaxes do posicionamento orgánico:
https://www.vincusys.gal/blog/vantaxes-e-desvantaxes-do-seo/