En VINCUSYS deseñamos e desenvolvemos unha nova páxina web para o noso cliente, claim&loyaltySociety, que suscita elegancia e modernidade a partes iguais e reflicte a profesionalidade da empresa.
Claim&loyaltySociety é unha firma de avogados especializada en servizos xurídicos para institucións, empresas e particulares. Grazas aos seus coñecementos de ordenamento xurídico, internacional, nacional e autonómico, poden brindar unha atención personalizada a cada un dos seus clientes.
Así, o seu equipo de profesionais pode axudar en cada área de especialización e ofrecer un servizo de primeiro nivel no ámbito legal. Ademais, teñen acordos con distintos despachos de todo o país e dispoñen de colaboradores especialistas en todos os ámbitos.
Para crear a súa web, o noso equipo de deseño decantouse por unha aparencia elegante e moderna, que transmita a profesionalidade da firma de avogados nada máis vela. Todo acorde coas últimas tendencias do mercado e seguindo a súa imaxe de marca e as súas cores corporativas. Conta con cinco apartados: inicio, quen somos, áreas de especialización, traballa connosco, contacto.
A páxina de Inicio contén información xeral da empresa, un pequeno resumo de todo o que o visitante pode ver en máis profundidade no resto de apartados. Abre cun banner en movemento que ten os seus servizos principais, achegando un toque de dinamismo.
En Quen somos, preséntase á firma de avogados e aos membros do equipo, cunha foto e o seu currículo.
O apartado de Áreas de especialización explica con que ámbitos do dereito traballan en claim&loyaltySociety, acompañados dunha breve descrición de cada un deles.
Traballa connosco expón as razóns polas que un posible candidato debería querer formar parte da empresa, así como o tipo de perfís que busca e un formulario para que os interesados manden o seu currículo.
E finalmente, o apartado de Contacto contén, como é lóxico, os seus datos de contacto como o teléfono, enderezo electrónico e un pequeno formulario.
Ter unha boa páxina web no teu negocio pode marca a diferencia á hora de destacar fronte a túa competencia e que os teus potenciais clientes podan atoparte facilmente. O noso equipo en VINCUSYS está especializado en crear e deseñar sitios adaptados a cada empresa e que cumpran os requisitos SEO de Google. Por iso, se queres unha nova web, contacta connosco e ofrecerémosche unha solución personalizada.