Brandchats, unha empresa de consultoría e integración de sistemas de información, fixo un estudo sobre as horas de maior tráfico en Twitter en España. A meirande parte da actividade céntrase entre as 9 da mañá e as 11 da noite.
Segundo este estudo, o 8,3 % dos chíos envíanse ás 11 da mañá e o 9,3 % ás 11 da noite. Se o pensamos ben, ten a súa lóxica. A media mañá, en horario laboral, o momento do café en España, e ao conectarnos no noso rato de ocio en casa, despois da cea. Cando antes viamos a televisión un rato, agora substituímos en gran parte este hábito polo do uso do ordenador, Internet e as redes sociais.
Como era de esperar, Madrid e Cataluña son as comunidades máis «tuiteiras», tamén son as máis poboadas e, por estudos anteriores, sabemos que son as grandes urbes nas que se concentra a meirande parte da actividade nas redes sociais. É mera proporcionalidade, máis habitantes, máis ordenadores, máis uso de Internet, máis hábitos de social media.