Site icon VINCUSYS

Deseñamos a páxina web de iGleva Avogados de Empresa

Diseñamos la página web de iGleva

Presentámosvos un dos nosos últimos traballos, o deseño dun sitio web para iGleva Avogados de Empresa. Falamos dunha compañía con máis de tres décadas de experiencia dentro do ámbito legal que conta con traballadores especializados en numerosas áreas do dereito. Con oficinas en Santiago de Compostela, Ribeira e Vigo, é un negocio que ofrece numerosos servizos e solucións.

A empresa confiou en VINCUSYS para o deseño da súa nova páxina web e unha renovación na imaxe. Debía ser un sitio cunha estética acorde coa temática, á vez que tiña que incluír toda a información necesaria, sen excederse.

Centramos a imaxe de marca en tons acromáticos, como mostra o novo logo. O branco e o negro son as cores que agora definen iGleva, xunto con algúns grises. As fotos do sitio web van en concordancia con este estilo, ao tempo que transmiten a seriedade dun sector como é o dereito e a confianza que un cliente precisa dentro deste ámbito.

A páxina conta con cinco seccións ademais da portada: nós, áreas de práctica, formación, noticias e contacto. Ademais, destacamos especialmente o contacto e o formulario para realizar unha consulta a través do sitio, de forma que os interesados non tivesen problema en atopalo.

Falamos de que iGleva é unha empresa que ofrece moitos servizos dentro do dereito. Neste caso era importante dividir visualmente cada unha das áreas de práctica e incluír nelas toda a información. Na propia portada puxemos os diferentes apartados (dereito tributario e contable, dereito mercantil…) de forma que pulsando neles levasen á súa páxina específica.

Era importante que non escapase ningunha información. Por iso, dentro de cada apartado hai tamén subapartados que indican perfectamente cada unha das áreas nas que traballan.

Ademais, a empresa realiza formacións presenciais en iGleva, noutras oficinas e en liña. Todo isto tiña que estar na páxina web, polo que realizamos un apartado específico para isto.

Deseño de sitios web a medida

En VINCUSYS contamos con expertos en deseño e desenvolvemento de páxinas web para todo tipo de gustos. No caso de iGleva, apostamos por WordPress, un CMS co que traballamos habitualmente.

Nos sitios web que realizamos sempre buscamos conseguir a mellor experiencia de usuario, atendendo ademais aos requisitos de Google para o posicionamento SEO. Tratamos de lograr que tódalas persoas que accedan á páxina non teñan dificultades ao navegar por ela. Tódalas nosas webs son mobile first, algo imprescindible para o posicionamento SEO.

Non só é importante que conte cunha boa experiencia de usuario, tamén un bo deseño. Para iGleva, realizamos unha nova imaxe de marca que aplicamos non só ao logo, senón a toda a páxina web.

Se a túa empresa quere dar o salto a Internet, contacta co noso servizo de consultoría tecnolóxica para que te axudemos en todo o que precises.

https://www.vincusys.gal/blog/nova-web-do-festival-confluencias/

Exit mobile version