Vivimos na era do “todo comunica”. Dende a cor do papel que usas para dirixirte por carta aos teus clientes ata os chíos que firma a túa empresa: todo forma parte da túa comunicación corporativa. A continuación, explicámosche algunhas das vantaxes de deixar en mans de profesionais a comunicación da túa empresa.
Consegues novos clientes e fidelizas os que tes
Dar a coñecer os teus produtos e/ou servizos cunha mensaxe adecuada e empregando as canles máis propicias axudarache a crear unha reputación on line para eles ou mellorar a que xa teñas. Isto só é posible se coñeces en profundidade as estratexias, ferramentas e posibilidades que as distintas canles de comunicación che ofrecen. Pero coidado, se deixas esta tarefa en mans non profesionais pode derivar nunha crise de reputación de difícil solución. Deixarías a reparación do teu coche en mans non profesionais? Por que confiar entón a comunicación da túa empresa a un amateur?
Non confíes a comunicación da túa empresa a un amateur: o barato sae caro.
Aforras tempo
Comunicar require tempo e facelo, por exemplo, a través de Internet non é unha excepción. Tendemos a caer na tentación de pensar que sirve con publicar un par de chíos e redactar unha entrada no noso blog. Nada máis lonxe da realidade. A comunicación on line é un traballo continuo. Non basta con escribir en Facebook ou Twitter. A rede debe ser un lugar de conversación entre a empresa e os seus clientes ou potenciais clientes. Debemos dar resposta ás dúbidas e ás críticas sobre o noso servizo de forma rápida e eficaz. É aquí onde entra a xestión profesional da comunicación da túa empresa para prestar atención a todo aquilo que rodea a túa compañía e dar resposta ás dúbidas e incidencias dos teus clientes.
A rede debe ser un lugar de conversación entre a empresa e os seus clientes ou potenciais clientes.
No que respecta á comunicación máis tradicional (folletos, carteis ou relacións cos medios), contar con profesionais tamén supón un aforro de tempo. Eles contan coas ferramentas de deseño e as técnicas necesarias para darlle visibilidade á túa empresa. Así evitas ter que aprender como funcionan novos programas ou como redactar unha nota de prensa. Así podes centrarte no verdadeiramente importante: sacar adiante a túa empresa.
Comunicación especializada no teu sector
A comunicación é un punto moi competitivo. Centos de informacións e de empresas similares á túa loitan por facerse un oco. Xa sexa en páxinas de xornais ou nas redes sociais. Nun ambiente con tanta competencia resulta fundamental coñecer os horarios e os procedementos de cada medio e cada plataforma. Os profesionais tamén poden axudarche neste sentido. Creando estratexias de márketing específicas e adaptando os ritmos da comunicación da túa empresa ás necesidades dos medios (tradicionais e on line) lograrán que todo aquilo que firma a túa empresa sexa efectivo.
Que ten que facer a miña axencia de márketing pola miña empresa?
Fluxo constante de información… e de conversación
Con isto referímonos a facer que a túa empresa comunique constantemente. A comunicación e o diálogo cos clientes van máis alá do clásico horario comercial. Pode que a ti che resulte difícil levalo a cabo. Como diciamos anteriormente, a túa empresa é a que máis necesita do teu tempo. É moi probable que teñas que prestar atención a outras moitas áreas. Deixar a xestión da comunicación en mans de profesionais brindarache a oportunidade de centrarte nelas. Os profesionais serán os encargados de facer que a túa empresa produza contidos día tras día. Porque a rede é un gran mercado no que as opcións se multiplican. Por iso, ofrecer novidades constantemente resulta fundamental.
A comunicación e o diálogo cos clientes van máis alá do clásico horario comercial.
Pero non basta con lanzar mensaxes. É imprescindible ler e responder todo aquilo que nos digan. Así, conseguirás que a túa empresa se mostre próxima ao cliente, acompañándoo incluso dende antes de que adquira o teu produto ou servizo.
A comunicación corporativa é unha parte cada vez máis importante para as empresas. Require de tempo e esforzo, pero tamén dunha man profesional que coñeza á perfección todas e cada unha das súas características. Como dicíamos ao principio, hoxe en día todo comunica.
https://www.vincusys.gal/blog/chaves-para-que-a-relacion-cos-teus-clientes-sexa-longa-e-frutifera/
Necesitas dar a coñecer a túa empresa ou os teus produtos? Contáctanos chamando ao 615 491 792, vía info@vincusys.com ou fai clic aquí.
Foto: Wikimedia Commons