Site icon VINCUSYS

Respecto polo xornalismo de calidade

periodismo de calidad

Semella que cada vez o respecto pola profesión xornalística e as súas novas fórmulas —Social Media Management e Comunicación 2.0— decrece co paso do tempo: dende posts pagados a un euro e menos, ata insultos e desprezos por parte de persoas e comunidades alleas ao mundo da redacción.

Os prazos nesta profesión apreman, tanto no mundo editorial tradicional, o do papel, como o da rede de redes, que se move a un ritmo vertixinoso e, dende o nacemento das redes sociais, aínda máis.

Invito aos alleos a este oficio a que dediquen un segundo a pensar como poderían soportar aos seus profesionais, de que forma e como afectaría á calidade final dos seus proxectos e encargos o feito de que se reducira nun 50 % ou 75 % o persoal dedicado a un traballo común.

Dise moito que os xornalistas son uns ignorantes que escriben sobre o que non saben. Pero dise pouco —ou nada— que o fan porque os seus superiores así o ditan.

O xornalismo é a arte de escribir sobre o que un non sabe, previo traballo documental exhaustivo. Pode que esa minuciosidade se vexa minguada en tempos de crise. Pode que a especialización sexa un mito ou unha meta cada vez máis afastada. Pero os de arriba deben entender que un xornalista debe formarse, non só na arte de escribir e comunicar, senón tamén nas materias sobre as que debe facelo e o público debe ser consciente das limitacións das persoas na actualidade, tanto a nivel de tempo como de ferramentas.

Xa que os de arriba non o queren comprender, gustaríame pedir aos de abaixo que o intenten facer. Mostrar o seu respecto polo esforzo alleo e achegar críticas construtivas no caso de atoparse cun traballo xornalístico mellorable.

Exit mobile version