Site icon VINCUSYS

VINCUSYS, partner de márketing do III Congreso Inmobiliario de Galicia

Participamos en el III Congreso Inmobiliario de Galicia de AGALIN

Xa rematado o III Congreso Inmobiliario de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN), podemos confirmar un ano máis o éxito do evento. Centos de profesionais nacionais e internacionais participaron na cita para debater, aprender e coñecer as novidades do sector.

Desde VINCUSYS tivemos o pracer de participar como patrocinadores e partners de márketing do congreso. Ademais, as entradas da cita presencial e on line vendéronse a través da nosa plataforma de venda de tíckets, VINCUTICKET.

Tivemos a oportunidade de gozar das xornadas durante os tres días (5, 6 e 7 de maio). Achegamos o noso pequeno gran de area co patrocinio dos premios, coa nosa marca VINCUTICKET, e da ponencia ‘Lo que no controlas, te controla’, realizada polo fundador da Real Estate Academy, Nello D’Angelo, coa nosa axencia de márketing VINCUSYS.

O xoves foi un día exclusivo para asociados a AGALIN e interviron profesionais de empresas como Ágora MLS, con Moisés Ruiz, e SIRA Spain, con Francis Fernández. A programación rematou coa entrega de premios de AGALIN.

O venres 6 de maio, o día máis destacado e aberto ao público xeral do sector, contou con actividades diferentes dende primeira hora da mañá ata ben entrada a noite. Nesta xornada, tivemos o pracer de escoitar a persoas destacadas do ámbito político, como o exministro de Fomento, José Blanco; o exministro de Turismo, Joan Clos; e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto.

A vivenda turística: un debate no que AGALIN sempre tivo moito que achegar

Tamén tomou palabra a concelleira de Vivenda de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, quen falou do problema que existe coa vivenda turística e os efectos no alugueiro habitual en Galicia. A responsable anticipou que recibiron unha sentenza xudicial que ratifica a necesidade de ter permiso do concello para poder ofrecer este servizo a viaxeiros, ademais de que debe ser regulado como actividade económica e terciaria, o que implica rigorosos controis e normativas.

Ante isto, Mercedes Rosón anunciou que pretenden aprobar unha regulación definitiva dos pisos turísticos en Santiago de Compostela, especialmente no casco antigo. A intención é restrinxir a oferta a certos barrios e que só baixos ou primeiras plantas de edificios poidan estar destinados a viaxeiros. A normativa acoutará estes aloxamentos a dous meses por ano. As constantes reunións de AGALIN co Concello e o traslado da problemática á prensa a través da nosa axencia foron de gran valor para concienciar á poboación sobre a problemática e atallala antes de que sexa máis difícil lograr unha solución.

Este segundo día tamén interviron no congreso profesionais do sector inmobiliario como o presidente de AGALIN, Carlos Debasa; o tesoureiro de AGALIN e CEO de Capitel KSA, Jacobo Blanco; a presidenta de Vivienda2, María José Corrales; e o presidente do Consejo General de COAPIS de España, Gerard Duelo, entre outros.

Para nós, é un orgullo ter participado nun evento tan destacado do sector, no que tivemos ocasión de cruzar unhas palabras con persoas de traxectoria recoñecida a nivel estatal e de poñernos ao día sobre as últimas tendencias do ámbito inmobiliario.

Exit mobile version