Site icon VINCUSYS

7 utilidades dos anuncios de Facebook

Pantalla de ordenador con anuncios de facebook

A primeira plataforma de anuncios que tivo Facebook, antes de denominarse Facebook Ads, chamábase ‘Flyers’. Naceu no ano 2004 e consistía nun banner situado na páxina principal que custaba entre 10 e 40 dólares por día.

Posteriormente, estes anuncios pasaron a ser por poxa, así que foron os anunciantes quen decidiron canto estaban dispostos a pagar por saír neles.

Que son os anuncios de Facebook?

Facebook Ads é unha plataforma a través da cal poderás promover a túa páxina de Facebook, sitio web, evento ou aplicación.

A plataforma permite vender e difundir produtos de forma sinxela, a través de campañas, cun presuposto modesto. Ademais, podes segmentar o público ao que queres chegar empregando as opcións da propia ferramenta de anuncios.

Facer campañas de Facebook implica unha serie de procesos:

Facebook Ads é unha das ferramentas máis potentes á hora de anunciarse. A súa principal vantaxe está no gran alcance que ten, xa que agora é a rede social con maior número de usuarios.

Que podes conseguir con Facebook Ads?

Quitar proveito aos anuncios de Facebook implica coñecer ben a ferramenta porque é bastante complexa e ofrece numerosas opcións. Estas son algunhas das funcións que podes atopar:

Segmentación do público

A plataforma ofrécenos múltiples formas de segmentar:

Personalizar anuncios

Dende a propia plataforma, Facebook permítenos personalizar os anuncios: engadir varios títulos, varias imaxes e descricións. Os seus algoritmos detectarán cal deles é máis adecuado para cada persoa.

Ademais, ofrece opcións para personalizar, como poñer un prezo sobre unha imaxe escollendo a cor, o formato e a tipografía do texto, por exemplo. Tamén podes engadir ofertas a determinados produtos.

Medidores e control de campaña

Facebook Ads ten un cadro de control no cal podes ver todos os anuncios que se realizaron, en que estado están e os seus resultados.

Dirixir o tráfico ao teu perfil, web ou aplicación

Cando creas un anuncio, tes a opción de escoller a onde queres dirixir ás persoas que interactúen coa túa publicación. Podes envialos á túa web, ao teu perfil, a unha aplicación ou incluso poñer como obxectivo que che envíen unha mensaxe.

Publicidade para tódolos dispositivos

Os anuncios de Facebook están pensados para que a súa visualización sexa óptima en calquera dispositivo: ordenador, móbil ou tableta.

Crear unha tenda dentro de Facebook

Para poder vender dentro de Facebook tes que establecer a túa páxina como tenda e incorporar os produtos que queiras vender. Esta opción está dentro de Facebook Ads, mais ten o seu propio apartado, o denominado Facebook Commerce Manager.

Dende esta plataforma, poderás incorporar os teus catálogos de produtos, coas súas imaxes, prezos e descricións. E, posteriormente, difundilos en Facebook Ads coa opción ‘vendas de catálogo’.

Anuncios para Instagram e Messenger

Facebook permíteche dirixir os teus anuncios aos seus usuarios ou mostralos tamén en Instagram e Messenger.

As campañas de anuncios de Facebook son complexas polas súas múltiples posibilidades de personalizar sumadas ao número de usuarios que teñen as converten nunha opción moi interesante á hora de escoller un espazo no que anunciar os teus produtos ou servizos. Dende a nosa axencia de márketing dixital en Santiago podemos axudarte con todo o proceso.

Quizais queiras ler tamén este artigo sobre a credibilidade das opinións en Facebook:

https://www.vincusys.gal/blog/son-fiables-as-opinions-en-facebook/

Exit mobile version