Noticias

Blog publicidade
Publicidade enganosa: que é e por que é perigosa

Publicidade enganosa: que é e por que é perigosa

A publicidade é unha parte fundamental do márketing de hoxe en día. A través dela, podes chegar a túa audiencia de maneira efectiva. Porén, existe un límite ético que non debe cruzarse: o de enganar ao consumidor. Por iso, neste post imos explicar que é a publicidade enganosa e por que é perigosa.

Copywriting: que é e como marca a diferencia

Copywriting: que é e como marca a diferencia

A persuasión é un factor clave no mundo da publicidade. Debes saber como enganchar aos teus posibles clientes a través de campañas e anuncios chamativos para destacar. E non so a nivel visual, tamén debes saber como redactar textos atractivos que vendan por si sós. Aquí, falarémoste do copywriting, que é e como pode marcar a diferencia.

O buzoneo: unha técnica poderosa

O buzoneo: unha técnica poderosa

Vivimos nun mundo cada vez máis dixitalizado, onde o uso das redes sociais e o márketing on line están cada vez máis estendidos. Porén, non debes esquecer as estratexias tradicionais en favor das novas tecnoloxías. Unha delas é o buzoneo, unha táctica publicitaria probada efectiva que segue sendo relevante no panorama actual.

Guerras publicitarias: que son e os seus maiores exemplos

Guerras publicitarias: que son e os seus maiores exemplos

A rivalidade entre compañías do mesmo sector é un concepto que pode resultar familiar. Nas últimas décadas, puideches ver como moitas se encerellaron en auténticas batallas para destacar por enriba do resto, usando todos os medios a súa disposición. Neste artigo, imos contar que son as guerras publicitarias e cales son os seus maiores exemplos.

Como empregar o ‘live shopping’ para publicitar a túa marca

Como empregar o ‘live shopping’ para publicitar a túa marca

O comercio en liña despegou e é unha forma de compra completamente normalizada hoxe en día. Neste contexto, xurdiron novas técnicas publicitarias que aproveitan este fenómeno. Unha delas é a chamada ‘compra en directo’, que está a popularizarse en redes sociais. Así pois, neste post imos ensinarche os beneficios de apostar polo ‘live shopping’ para publicitar a túa marca e surfear a onda. 

Que é o branded content e que pode aportar á túa marca?

Que é o branded content e que pode aportar á túa marca?

O branded content é unha estratexia de márketing que busca crear contidos que unan ao consumidor coa marca dunha forma creativa. A pesar de que o termo pode que non che sone, seguro que coñeces moitos anuncios que aplican os seus preceptos. Aquí che explicamos de forma máis concreta que é o branded content para que descubras se che pode ser útil.

Que pasa coas redes sociais no pequeno comercio?

Que pasa coas redes sociais no pequeno comercio?

Hoxe queremos facer unha reflexión sobre a situación das redes sociais no pequeno comercio. A aparición e normalización destas plataformas a nivel internacional e de forma intersectorial trouxo múltiples vantaxes, pero tamén dificultades e inconvenientes. Non sempre os recursos tanto a nivel de tempo como de diñeiro son os óptimos para un negocio que non ten un gran tamaño, por iso hai que valorar os pros e os contras e ter sempre en conta ata onde se pode chegar. É mellor non estar en redes sociais que telas abandonadas.

7 utilidades dos anuncios de Facebook

7 utilidades dos anuncios de Facebook

A primeira plataforma de anuncios que tivo Facebook, antes de denominarse Facebook Ads, chamábase “Flyers”. Naceu no ano 2004 e consistía nun banner situado na páxina principal que custaba entre 10 e 40 dólares por día.

Vídeo márketing ou imaxes: que ten máis éxito en Facebook?

Vídeo márketing ou imaxes: que ten máis éxito en Facebook?

Vídeo márketing é unha das palabras de moda da industria e, por suposto, estamos de acordo en que o vídeo márketing é unha ferramenta inestimable cando se trata de atraer ao teu público, compartir historias e información, promocionar produtos e servizos, despertar interese, etc… e acadar o éxito en Facebook.

O básico en publicidade para empresas

O básico en publicidade para empresas

A pregunta do millón: Que é o básico en publicidade para empresas? Pois, sen ánimo de responder á galega, depende. E depende de moitos factores, imos velos e a ver ser así aclaramos un pouco a cuestión.

Por que debes ter unha estratexia de vídeo márketing?

Por que debes ter unha estratexia de vídeo márketing?

Estou seguro de que todos, obviamente inclúome, consumimos vídeo, dende o móbil ou o noso ordenador. A plataforma tamén pode variar: en redes sociais coma Facebook, Instagram ou Twitter e en plataformas de vídeo como Youtube (na súa maioría). O que está claro é que nos encantan os vídeos e os consuminos cada vez máis, xa sexa para buscar un tutorial sobre como montar un moble ou por puro entretemento.

8 consellos para optimizar vídeos para SEO

8 consellos para optimizar vídeos para SEO

Nos últimos anos, o vídeo márketing volveuse moi popular entre as empresas. A medida que as cámaras foron achegándose aos usuarios, fíxose máis sinxelo producilos. Na actualidade os móbiles permítennos realizar e compartir vídeos de alta calidade dende calquera lugar. De feito, compartir en directo cobra cada vez maior importancia.