A Xunta de Galicia aprobou sacar a consulta pública o anteproxecto de lei galega para regular a intelixencia artificial (IA). Un paso clave para obter as opinións dos habitantes da comunidade e de expertos na materia.
O obxectivo do goberno autonómico é remitir o anteproxecto ao Parlamento de Galicia en setembro para a súa discusión e aprobación final. Esta nova lei pretende establecer un marco legal para o uso ético e responsable desta ferramenta tecnolóxica para protexer aos seus cidadáns. Tamén busca atraer novas inversións de negocio para que máis empresas se instalen en Galicia. Con este avance, a comunidade autónoma colocaríase na vangarda da regulación da IA en España.
O anteproxecto de lei prevé crear unha oficina específica de atención á cidadanía e un rexistro cos sistemas da administración autonómica que utilizan tecnoloxía artificial para unha maior transparencia. Así mesmo, inclúe a formación dun Consello Galego de IA.