As facturas tradicionais están a punto de cambiar por completo. O Goberno de España fará que a facturación electrónica sexa obrigatoria para as empresas e os profesionais que operen no país. Esta medida está enmarcada dentro da Lei 18/2022 de Creación e Crecemento de Empresas e emitirá sancións aos que a incumpran.
Noticias
A Xunta prepárase para a futura lei de intelixencia artificial de Galicia
A Xunta de Galicia aprobou sacar a consulta pública o anteproxecto de lei galega para regular a intelixencia artificial (IA). Un paso clave para obter as opinións dos habitantes da comunidade e de expertos na materia.
A importancia da ciberseguridade en redes sociais
Na era dixital, as redes sociais son unha ferramenta cómoda e atractiva coa que crear campañas publicitarias para o teu negocio, pero teñen perigos que non debes descoidar. Hoxe falámosche da importancia da ciberseguridade en redes sociais.
Que é a Identidade Dixital Europea?
Neste mundo cada vez máis dixitalizado, a Unión Europea toma moi en serio a protección e a regulación da información dos seus cidadáns. Un dos seus últimos proxectos ten relación directa coa ciberseguridade, por iso imos explicar que é a Identidade Dixital Europea, unha chave de identificación que reúne todos os teus datos nun só lugar para facilitar as túas xestións.
Que é o ‘typosquatting’, o método de estafa que emprega erros ortográficos
A tecnoloxía está avanzando a pasos axigantados. E con ela, tamén están mellorando os hackers nos seus ciberataques, usando novas técnicas para enganar aos usuarios e facerse coa súa información. Así pois, neste post ímosche contar que é o ‘typosquatting’, o método de estafa que utiliza erros ortográficos.
Que é a verificación en dous pasos?
A túa seguridade na rede é moi importante. Por iso, neste artigo imos ensinarte que é a verificación en dous pasos, un método de identificación de usuario que aumenta a túa protección on line.
Que é Moodle, a plataforma educativa máis estendida
A aprendizaxe en liña está cada vez máis á orde do día en todos os ámbitos, dende o escolar ata o empresarial. Por iso é moi importante saber que é...
Os xestores de contrasinais: ferramentas esenciais para a nosa seguridade
Hoxe en día empregar múltiples contrasinais para identificarnos en diferentes páxinas volveuse algo normal na nosa experiencia on line e é aí onde os xestores de contrasinais xogan un papel fundamental.
Google di adeus ás cookies coa chegada de Privacy Sandbox
As cookies teñen os días contados. Google non perdeu o tempo e estase preparando para lanzar Privacy Sandbox, o seu servizo co que pretende dar o gran cambio na publicidade en liña.
Os ciberataques: que son e como protexernos
A pandemia causou un aumento do emprego de Internet e do ámbito dixital considerable, pero tamén aumentou a cantidade de ciberataques
A firma electrónica: vantaxes e alternativas
O uso de aplicacións de firma electrónica rexistrou un incremento destacado en España debido, especialmente, á incidencia da pandemia sanitaria e ás...
O custo das brechas de seguridade nas empresas alcanza máximos históricos
Unha investigación impulsada pola corporación norteamericana IBM constatou unha realidade: o importante custo das brechas de seguridade para as...
Os beneficios e a importancia da desconexión dixital
A elevada incidencia e sobreexposición da dixitalización na nosa sociedade, tanto no traballo como no día a día, viuse acompañada de novos perigos que afectan á nosa estabilidade física e á nosa saúde mental.
WhatsApp integrará Workplace, a rede social empresarial de Meta
Múltiples plataformas convertíronse nunha ferramenta máis de traballo no día a día de moitos negocios coa pandemia. Así é que en 2022 WhatsApp integrará Workplace, unha rede social empresarial que pon en contacto directo aos empregados.
Para que serve a analítica web?
A medición de datos é a clave do teu negocio. Coñecer en números como está funcionando a túa empresa sérveche para mellorar. Na actualidade, Internet permite saber moitos datos que son de gran valor, así que no post de hoxe contámosche para que serve a analítica web.
‘Colecciones’, a nova ferramenta de Whatsapp Business que facilitará as compras
Whatsapp Business, a versión para empresas da aplicación de mensaxes, sacou o pasado mes de outubro ‘Coleccións’, a nova ferramenta que facilitará as compras dende o servidor.
Falamos do software de xestión Odoo con Javier Fernández
Javier Fernández Peón é profesor do Ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma no IES San Clemente en Santiago de Compostela. Despois de varios anos traballando no entorno do software de xestión Odoo a través da súa propia empresa, a súa experiencia sobre este tema é moi elevada. Tivemos o pracer de poder charlar con el sobre Odoo e consultoría de software libre e deunos unhas claves básicas para ti.
Ciberseguridade e ataques informáticos: protexe a túa empresa
A Asociación de Auditoría e Control de Sistemas de Información (ISACA) define a ciberseguridade como a “protección de activos de información, a través do tratamento de ameazas que pon en risco a información que é procesada, almacenada e transportada polos sistemas de información que se atopan interconectados”.
Que é un chatbot e como pode axudar á túa empresa?
É moi probable que te atoparas cun bot conversacional algunha vez e incluso interactuaras con el. Entón, xa tes unha idea do que é un chatbot e para que serve.
SuiteCRM, vantaxes da xestión eficiente de clientes
Sabías que durante os últimos anos xurdiron numerosas aplicacións cuxa finalidade é axudar ás empresas a xestionar, recompilar e almacear os datos dos seus contactos en ficheiros para poder procesar a información de xeito máis rápido e preciso? É o caso de SuiteCRM, do que che imos falar neste artigo. Estas aplicacións reciben o nome de xestores CRM e son moi úteis hoxe en día para calquera tipo de empresa ou negocio independentemente do seu tamaño.
Que necesita o teu negocio para unha correcta adaptación en materia de protección de datos?
No post de hoxe, Henrique Vidal, consultor normativo e director de desenvolvemento en MH Consultores e asociado da Asociación Profesional Española de Privacidad (APEP) é o encargado de falarche sobre a protección de datos para a túa empresa e explicarche, dunha forma moi amena, os principais puntos do Regulamento para poder entendelo á perfección.
Beneficios do CRM para empresas
Un CRM (Costumer Relationship Management) é un software destinado a organizar e administrar as relacións entre unha empresa ou negocio e os seus clientes, ademais de ser unha gran ferramenta para xerar vendas. Grazas a este sistema podemos ter dispoñible e accesible toda a informaicón dos nosos clientes actuais e tamén dos potenciais (nome, apelidos, teléfono, correo…). Tamén poderemos saber cal foi o primeiro contacto que tivo un cliente coa nosa empresa, a través de que medio o fixo, etc. O CRM para empresas é adecuado para todos os sectores, pero é certo que non é igual para todos os negocios, incluso os do mesmo sector.
Crear un tests on line con Google Forms
Os tests, aínda que moitas veces son unha ferramenta vinculada coa educación e cos cursos, poden ser de gran utilidade no mundo laboral para comprobar os coñecementos dos que dispón o persoal da empresa en xeral ou dun determinado departamento.
Por que WhatsApp Business?
Whatsapp Business permite a comunicación cos contactos dun usuario tanto por texto como voz ou vídeo. A pesar de incorporar comunicación por todos os medios posibles, sigue tendo un éxito increíble sobre todo nas comunicacións por mensaxes de texto.