Site icon VINCUSYS

Como captar clientes con newsletters impactantes

Cómo captar clientes con newsletters impactantes

O deseño xoga un papel cada vez máis central nas estratexias de márketing. Ter un bo produto xa non é suficiente, tamén hai que acompañalo cunha boa imaxe. E no email márketing, as aparencias son moi importantes para charmar a atención. Neste artigo, contámosche como captar clientes con newsletters impactantes e diferenciarte do resto.

Nesta era dixital chea de información, os correos electrónicos son unha ferramenta poderosa para chegar de forma masiva a unha grande audiencia. Concretamente, as newsletters son de vital importancia para transmitir unha mensaxe de maneira rechamante e aumentar a túa taxa de conversión, é dicir, o proceso co que unha persoa convertese nun cliente. Pero a súa efectividade depende de como estean deseñadas.

A primeira impresión éo todo

A chave para atraer a atención dos teus subscriptores empeza polo asunto. Se este non capta o seu interese, non abrirán o correo, polo tanto, é decisivo. En moitos casos, envíase o mesmo contido varias veces, cuns días de espazo e distinto asunto, de cara a darlle unha segunda oportunidade á mensaxe.

Por esta razón, o mellor é utilizar mensaxes creativas, que desperten a intriga do receptor e dean pe a querer saber que hai detrás delas. A cabeceira tamén xoga un papel crucial. Se o que buscas é un efecto inmediato, como unha venta quente (rápida), ten que ser clara, concisa e expresar en poucas palabras o contido principal da newsletter. Se o obxectivo, polo contrario, é fidelizar ou facer unha venta baseada no inbound márketing, o contido pode ser menos directo e achegar valor ao usuario.

Que é o inbound márketing?

Unha vez que os lectores abriron o teu boletín, entra en xogo a presentación visual, o que decidirá se consegues o seu interese ou non. Empregar unha paleta de cores coherente, gráficos, formas, vídeos e imaxes en alta calidade creará unha experiencia de lectura máis agradable á vista e fácil de ler.

A elección da fonte tamén é determinante. Aplicar tipografías lexibles e tamaños de textos adecuados garante que se vexa ben en diferentes dispositivos, como en tablet ou móbil.

A estrutura importa

Nun deseño impactante non importa só a estética. De nada vale se non está apoiado por un contido interesante e ben estruturado. A información debe presentarse de forma clara e cunha xerarquía en mente. Podes usar titulares, subtítulos e viñetas para facilitar a lectura. Esta estrutura favorece a comprensión e a retención da mensaxe por parte dos lectores.

Ademais, a personalización deste contido en función dos intereses dos subscritores aumenta significativamente a súa participación. Podes utilizar datos demográficos e de comportamento para segmentalos e enviar información específica, de xeito que a newsletter sexa máis valiosa para cada individuo.

Outro aspecto a ter en conta é o da persuasión, cando o obxectivo do boletín non é simplemente informar, tamén convencer aos teus subscritores dunha concreta. As chamadas á acción (Call to Action en inglés) son elementos que dirixen aos usuarios cara un obxectivo, sexa visitar unha web, realizar unha compra ou participar nunha enquisa.

A creación de newsletters non é un proceso estático. É necesario realizar probas con diferentes elementos, asuntos e imaxes para identificar que aspectos funcionan coa túa audiencia e cales non. A análise das métricas de rendemento, como a taxa de apertura, a de clics ou a de conversións, proporcionan información relevante sobre o impacto real do teu deseño na participación dos teus lectores.

Conseguir un bo boletín vai máis aló do estético, implica a creación de experiencias que cativen aos subscritores dende unha primeira ollada e os motiven a participar. Se queres explotar ao máximo o potencial destas ferramentas e captar clientes con newsletters que ademais te diferencien da túa competencia, contacta coa nosa axencia de marketing e comunicación.

Exit mobile version