As redes sociais convertéronse nunha das canles máis importantes para a comunicación directa entre as empresas e os seus clientes. Hoxe, ter presenza dixital non só é unha estratexia recomendada para as marcas, senón tamén unha necesidade.
Noticias
Optimiza o acceso á túa información dende móbil cunha webapp
Desenvolvemos weapps para aqueles clientes que precisan facilitar unha información concreta aos seus clientes, como é o caso da carta dun restaurante ou o programa dun evento ou congreso.
A facturación electrónica será obrigatoria en España
As facturas tradicionais están a punto de cambiar por completo. O Goberno de España fará que a facturación electrónica sexa obrigatoria para as empresas e os profesionais que operen no país. Esta medida está enmarcada dentro da Lei 18/2022 de Creación e Crecemento de Empresas e emitirá sancións aos que a incumpran.
Como pode axudar un chatbot na atención ao cliente?
A tecnoloxía avanzou a pasos axigantados durante os últimos anos. A Intelixencia Artificial está á orde do día e cada vez máis empresas a utilizan para axilizar o seu traballo. Aquí entra en xogo unha ferramenta que é cada vez máis popular e logrou acelerar a comunicación entre un negocio e os seus clientes. Neste post, imos contarche como pode axudar un chatbot na atención al cliente da túa empresa.
Como captar clientes con newsletters impactantes
O deseño xoga un papel cada vez máis central nas estratexias de márketing. E no email márketing, as aparencias son moi importantes para charmar a atención. Neste artigo, contámosche como captar clientes con newsletters impactantes e diferenciarte do resto.
Twitter Blue para empresas: cambios e polémicas
Dende que Elon Musk comprou Twitter, a coñecida rede social experimentou moitas transformacións, tanto para usuarios, como para marcas e anunciantes. O máis significativo é o da creación dun novo servizo de subscrición que a transformou completamente. Por iso, neste post ímosche contar que cambios trae Twitter Blue e as polémicas que o rodean.
O traballo dun profesional ten un prezo: #EuNonRegaloOMeuTraballo
Non podemos estar máis en contra da explotación laboral, sexa a asalariados, autónomos ou traballadores que, por circunstancias persoais, non poden non aceptar un traballo en negro, eses que sofren a explotación máis lamentable e denigrante. Dende que comezou a crise os niveis de abusos deste tipo viñeron medrando ata límetes insospeitados.