Site icon VINCUSYS

Como os códigos QR poden axudar a medrar o noso negocio?

codigos qr

Os códigos de resposta rápida ou códigos QR (do inglés, Quick Response code) son un tipo de código de barras bidimensional (2D) que pode ser lido cos teléfonos intelixentes iPhone, Android ou Smartphone e dispositivos dedicados á lectura, que enlazan directamente ao texto, correos electrónicos, sitios web, números de teléfono e moito máis.

As orixes dos códigos QR

Mentres que os códigos QR siguen considerándose como unha novidade xa fai máis dunha década que en Xapón se veñen empregando dunha forma activa, marca que está rexistrada por Denso Wavem compañía do grupo Toyota.

Hai outras compañías de software que crearon os códigos 2D que funcionan igual que os códigos QR. Microsoft desenvolveu o seu propio software patentado para crear códigos coñecidos como etiquetas MS. A diferenza dos códigos QR, que poden ser lidos por un número de lectores diferentes, as etiquetas de Microsoft só pode ser lido polo lector de Microsoft Tag.

A elección de empregar os códigos QR ou as etiquetas MS é unha elección persoal. Parece que as etiquetas de Microsoft permiten máis posibilidades creativas para os deseños gráficos tales como a incorporación de imaxes e logotipos na etiqueta. Porén, estas capacidades teñen que ser sopesadas contra o enlace e a facilidade de uso de código aberto dos códigos QR.

Usos prácticos dos códigos QR

Onde se poden empregar os códigos QR?

Que poden vincular os códigos QR?

Como se pode aproveitar ao máximo a súa eficacia cos códigos QR?

O futuro dos códigos QR e as etiquetas

O potencial dos códigos QR non ten límites. O máis interesante é como tomar o que os medios sociais están facendo ben agora, unir ás persoas coa tecnoloxía e a súa ampliación para mellorar a experiencia. A próxima xeración de códigos de barras terá aínda máis información.

Exit mobile version