Site icon VINCUSYS

Como relaxarse no traballo

relax trabajo agencia marketing comunicacion santiago vincutato

Os expertos din que é bo parar cada dúas horas durante a xornada laboral. Propoñémosvos unha visita pola cunca do Amazonas… da man de Google Earth.

Grazas aos traballos realizados por membros de Street View e Google Earth Solidario, agora é posible desfrutar dun momento de relaxación e deixar voar a imaxinación dende casa con vistas espectaculares que posiblemente nunca veríamos doutra forma da reserva Río Negro, na cunca do Amazonas.

A visita permite un paseo en barco e unha visita dos afluentes máis pequenos do Río Negro, algo posible grazas á colaboración da Fundação Amazonas Sustentável (FAS), unha ONG local dedicada á conservación medioambiental.

No blog de Google pódese ver, ademais, un vídeo de como se fixo. Que o desfrutedes.

Foto: qimono

Exit mobile version