Site icon VINCUSYS

Falamos do software de xestión Odoo con Javier Fernández

plataforma de gestión odoo

Javier Fernández Peón é profesor do Ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma no IES San Clemente en Santiago de Compostela. Despois de varios anos traballando no entorno do software de xestión Odoo a través da súa propia empresa, a súa experiencia sobre este tema é moi elevada. Tivemos o pracer de charlar con el sobre Odoo e consultoría de software libre e deunos unhas claves básicas para ti.

Para aqueles que nunca escoitaran falar sobre el, que é o software de xestión Odoo?

Odoo é unha plataforma de tipo ERP de longo percorrido e agora mantida por Odoo S.A. e distintas asociacións de desenvolvedores ó longo do mundo. Un ERP (Enterprise Resource Planning ou Planificador de Recursos Empresariais), pode definirse como un programa de xestión de toda a vida.

Todo tipo de organizacións e compañías empregan o software de xestión Odoo. Dende grandes empresas coma Toyota, Danone e Auchan, ata PYMES, independientemente do seu tamaño.

Entón, se é un concepto tan sinxelo, por que empregar un nome distinto? Antes de nada, o termo ERP é un acrónimo tecnolóxico cuxo uso é moi habitual para designar un conxunto de características baixo un nome sinxelo de recordar. Hoxe en día a tecnoloxía é o epicentro da globalización e en consecuencia a estandarización dos seus termos é algo ó que xa estamos máis que acostumados.

Polo tanto, un ERP é unha solución software para a xestión dos recursos dunha empresa. Cando falamos de xestión estamos empregando un termo moi xenérico para designar algo moi complexo, ás veces extremo.

En relación a isto podemos introducir unha das características máis importantes de Odoo, a súa flexibilidade. Odoo dispón “out of the box” dunha gran variedade de aplicacións e módulos que cobren a gran maioría de funcións xenéricas relacionadas coa xestión empresarial: vendas, compras, recursos humanos, ecommerce, CRM, proxectos e un longo etc. Ademais, pode ser adaptado e configurado segundo as necesidades de xestión da túa empresa.

Odoo está destinado soamente a grandes compañías ou tamén a pequenas e medianas empresas?

Odoo pode ser implantado independentemente do tamaño, sector e “presenza tecnolóxica” dunha organización. Os dous primeiros aspectos son alcanzables en virtude do seu carácter modular e de código aberto, volveremos a isto un pouco máis abaixo. A presenza tecnolóxica é un termo non estándar para facer referencia ó nivel de uso da tecnoloxía no teu modelo de negocio.

Hoxe en día, calquera empresa que teña un departamento de vendas é consciente da necesidade de estar presente nas redes. Porén, hai moitos máis aspectos a considerar para os cales o uso da tecnoloxía pode achegar un gran valor engadido.

Por poñer un exemplo, un dos módulos máis empregados en Odoo, ademais dos clásicos de vendas, xestión de almacén, etc., é o CRM (Customer Relation Management ou Xestión de Relacións co Cliente), que permite realizar unha xestión efectiva, que se pode trazar e é útil para a intelixencia do negocio, ó tratar ó cliente coma elemento central e recurso fundamental do proceso de xestión.

https://www.vincusys.gal/blog/beneficios-do-crm-para-empresas/

Por que Odoo e non calquera outra solución de xestión?

Para responder a esta pregunta temos que falar dunha característica que fai de Odoo unha solución única no mercado, o seu carácter Open Source (Código Aberto), que é ademais gratuíto na súa versión Community. Ó facer uso do modelo de licencia Open Source obtéñense unha serie de vantaxes:

En resumo, podes optar por implantar Odoo na túa empresa tendo en conta que será preciso decidir que aspectos van ser obxecto de xestión. Este será un proceso de mellora e adaptación continua e é recomendable realizar unha implantación progresiva que comece nos aspectos de xestión máis críticos e fundamentais para a túa empresa (vendas?, fabricación?, CRM?) para posteriormente ir ampliando as funcionalidades do programa.

Quen emprega Odoo?

Todo tipo de organizacións e compañías. Dende grandes empresas coma Toyota, Danone e Auchan, ata PYMES, independentemente do seu tamaño.

Sabendo todo isto, por onde é recomendable comezar?

Unha cuestión fundamental será coñecer os recursos necesarios para levar ese labor a cabo. A día de hoxe, tras anos de desenvolvemento e múltiples casos de éxito, existen moitas opcións entre as que escoller, agrupadas en dúas categorías:

En calquera caso, sempre terás a liberdade de tomar decisións estratéxicas do tipo que sexa no futuro, relacionadas con nivel de uso e funcionalidade de Odoo coma ferramenta de administración da túa empresa.

Se es dos que quere levar unha xestión efectiva da túa empresa e consideras fundamental o feito de ter a liberdade absoluta para decidir como vai evolucionar esta, a resposta á pregunta “é Odoo para min?” será un rotundo “si”.

Exit mobile version