Site icon VINCUSYS

O perfil do Community Manager

community manager santiago de compostela vincutato agencia marketing comunicacion

Muller de 25 a 40 anos con dotes para a comunicación, os medios e gran conversadora. Este é o perfil maioritario dos Community Managers de Estados Unidos, segundo o estudo Community Manager Report 2012, elaborado por Jason Keath, CEO de Social Fresh.

Ao redor da figura do Community Manager, un cargo bastante recente dentro de moitas empresas, hai unha importante falta de información. Este estudo esclarece o perfil desta figura en Estados Unidos. É moi posible que as cifras españolas, que tardarán máis en chegar pola tardía implantación desta figura, sexan similares.

O 65 % dos CM en Estados Unidos son mulleres novas, educadas na era dixital e máis do 50 % teñen unha idade que oscila entre os 25 e os 40 anos. Teñen un carácter moi sociable, conversador e entenden o potencial da comunicación 2.0 e a empregan como unha ferramenta importante na empresa e os negocios.

https://www.vincusys.gal/blog/cando-descansa-un-community-manager/

Foto: geralt

Exit mobile version