Os erros máis frecuentes en atención ao cliente

Hoxe quero falarvos dunha parte moi importante dentro do proceso de fidelización: os erros máis frecuentes en atención ao cliente. Resulta moi frustrante querer contactar cunha empresa polo motivo que sexa -no caso de ser unha queixa ou reclamación aínda máis- e que o proceso sexa lioso ou non recibas unha resposta axeitada. Ás veces quedas incluso sen resposta.