Site icon VINCUSYS

Que é Moodle, a plataforma educativa máis estendida

que-es-moodle-la-plataforma-educativa-mas-popular.

A aprendizaxe en liña está cada vez máis á orde do día en todos os ámbitos, dende o escolar ata o empresarial. Por iso é moi importante saber que é Moodle, a plataforma educativa máis estendida en España.

Trátase dun software de formación para estudantes, docentes ou administradores, que permite xestionar espazos de ensinanza on line. É un lugar no que os usuarios poden atopar ferramentas e recursos moi útiles que lles axuden na súa educación.

O nome de Moodle ven de Module Object Oriented Dynamic Learning Enviroment (Entorno Modular de Aprendizaxe Dinámico Orientado a Obxectos), e está baseado na tecnoloxía PHP e bases de datos MySQL. 

Foi creado no ano 2002 polo australiano Martin Dougiamas, un pedagogo e informático que cría no construtivismo, é dicir, no que o coñecemento non se transmite, senón que se constrúe na mente do estudante. É, polo tanto, o traballo do profesor o axudar ao alumno a elaborar o saber e proporcionar as mellores ferramentas para iso.

De aí que Dougiamas decidira combinar a súa rama de educador coa de desenvolvedor de programas e traer ao mundo Moodle, un software libre cuxa función principal é a de apoiar a formación educativa en tódolos niveis. 

Pero non é o único. Agora, existen diversas plataformas semellantes na rede englobadas baixo as siglas LMS, Learning Management System (Sistema de xestión de aprendizaxe). Porén, Moodle converteuse na cabeza da lista, contando con máis de 200 millóns de usuarios en todo o mundo e máis de 150.000 páxinas desenvolvidas con el. 

Para que serve?

Como xa mencionamos, Moodle centra a súa actividade na creación e administración de espazos de aprendizaxe en liña para ensinanza non presencial. E dentro disto, engloba unha serie de funcións distintas. 

Con esta plataforma, pódese xestionar usuarios, deseñar unha estrutura pedagóxica, avaliar aos alumnos e facer seguimentos do seu progreso, administrar recursos e actividades formativas ou establecer canais de comunicación entre profesores e estudantes.

De feito, moitos chámano un sistema de todo en un, porque cobre as necesidades dos tres axentes principais implicados nas clases on line.

  1. Facilita as tarefas dos profesores cun panel de administrador e instrumentos cos que facer de forma máis sinxela o seu traballo na ensinanza telemática. 
  2. Para os alumnos, Moodle e sinxelo, funcional e non require de moito tempo para entender como se usa. Polo tanto, poden non perder o tempo aprendendo como utilizalo e centrar os seus esforzos en estudar.
  3. Os administradores, pola súa parte, son capaces de crear aulas virtuais con facilidade sen ter que esforzarse en programar. Ademais, Moodle é un software libre, polo que é posible modificalo e personalizalo para cada necesidade. Por exemplo, pódese adaptar o programa á imaxe corporativa dunha institución ou universidade.

En canto a usos, Moodle non se limita só a centros educativos e hai diferentes ámbitos nos que se pode empregar:

O reinado de Moodle no ámbito educativo é evidente e a cousa non semella que vaia mudar pronto. E é que todo o conxunto de ferramentas, características e vantaxes que ofrece de forma gratuíta, situárono como o mellor do mercado. O que explica que este programa xa estea presente en 229 países diferentes e a cifra continúe crecendo. 

En VINCUSYS desenvolvemos plataformas Moodle para diferentes clientes, como a Sociedade Española de Pediatría Extrahospitalaria e Atención Primaria (SEPEAP) ou a academia PREMIR. Se queres que elaboremos unha para ti, non dubides en contactar con nós e darémosche un orzamento. 

Exit mobile version