Site icon VINCUSYS

VINCUSYS crea o novo vídeo ca Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital de RED CRUSOE

VINCUSYS crea el nuevo vídeo de la Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Digital de la RED CRUSOE.

Un dos nosos últimos proxectos en VINCUSYS foi o de crear un novo vídeo explicativo da Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital, un proxecto realizado en colaboración entre RED CRUSOE, NTT Data e a Xunta de Galicia, e no que estamos moi orgullosos de poder participar.

A Cátedra ten por obxectivo instaurar unha nova economía mediante o proceso de dixitalización do patrimonio cultural de Europa, con especial fincapé en aquel relacionado co Camiño de Santiago. 

Foi presentado este mes pola ‘Conferencia de Rectores de las Universidades e Institutos Politécnicos del Sudoeste Europeo’ (CRUSOE), unha entidade de ámbito internacional formada por unha trintena de universidades da Eurorrexión, entre as que están as universidades de Galicia, Castela e León, Asturias, Cantabria, a Rexión Norte e a Rexión Centro de Portugal.

Pola relación do proxecto co Camiño de Santiago, CRUSOE decidiu colaborar coa Xunta e NTT Data para firmar un convenio de colaboración pioneiro entre as tres organizacións, concretamente para a constitución da primeira Cátedra Institucional en Patrimonio Cultural Dixital. 

A mellor forma de comunicar

Elixiron á nosa axencia para realizar o vídeo de presentación desta iniciativa. Nel, condensamos de maneira sinxela toda a información relevante da Cátedra.

Para iso, decidimos escoller un deseño sinxelo, que evoca unha presentación, con animacións fluídas e dinámicas e textos claros e concisos. Empregamos diferentes imaxes do patrimonio do sur de Europa, coas que quixemos reflectir a beleza e grandeza dos bens relacionados co Camiño de Santiago e as paisaxes que o rodean.

En canto a contido, comezamos a peza contando cal é a misión principal da Cátedra e o seu obxectivo de impulsar a economía europea mediante a dixitalización. A continuación, ensinamos o plan de traballo que se seguirá na execución das distintas fases.

Seguimos mostrando os proxectos xa executados -a Acción Piloto da DG Regio da Comisión Europea, “Virtual and Smart Cultural Tourism”- e aqueles que están agora en curso, destacando o Máster Interuniversitario en Patrimonio Cultural Dixital. A todo isto sumámoslle as novas propostas de traballo.

Terminamos o vídeo mencionando aos promotores da iniciativa, a RED CRUSOE, Xunta e NTT Data, e revelando o slogan da cátedra, “de muchos para todos”.

Dende VINCUSYS estamos moi contentos de traballar nun proxecto tan especial como a Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital e estreitar lazos con organizacións tan destacadas como CRUSOE, a Xunta e NTT Data. Se che interesan os nosos servizos de creación de contido audiovisual, podes contactar con nós para crear un vídeo corporativo para a túa empresa.

Exit mobile version