Atraemos clientes

ao teu negocio

dixitaliza o teu negocio
con VINCUSYS

Dixitalizar o teu negocio pode sairche gratis coas novas axudas de Europa. Pide as subvencións do Kit Digital para que che fagamos unha web, unha tenda on line, xestionemos as túas redes, etc.

Para empresas de 10 a 49 empregados abre a solicitude o 15 de marzo.

XESTIONÁMOSCHO TODO!

KIT DIGITAL

Márketing

A túa estratexia de márketing definirá o grao de éxito que vai ter a túa empresa. Trazar un plan a medida, cuns obxectivos ben definidos e pautados no curto, medio e longo prazo permitirache acadar o éxito no teu proxecto.

Propoñémosche que te apoies nun equipo solvente, apaixoado e calificado, especializado en márketing dixital estratéxico e adaptado a móbiles, xestión, dinamización e publicidade en redes sociais, envío de newsletters e campañas en medios on e off line.

Comunicación

Porque absolutamente todo transmite unha mensaxe, precisas un plan de comunicación integral que inclúa comunicación corporativa, notas de prensa, unha estratexia de publicidade en medios optimizada e servizos de deseño gráfico para executalos en armonía coa túa imaxe corporativa.

Sabes quen pode ofrecerche todo isto coa garantía dun equipo especializado con máis de 15 anos de andaina en cada sector? Unha pequena pista: comeza por VINCU e remata por SYS 😉.

Tecnoloxía

Apostar pola dixitalización nos negocios xa non é unha opción. Precisas apoiarte nunha empresa solvente, dinámica e resolutiva, capaz de integrar na túa empresa toda a tecnoloxía que precisas para optimizar os teus procesos e controlar cada detalle do teu negocio.

Consultoría tecnolóxica, deseño e desenvolvemento de páxinas web e tendas on line, software a medida, integracións, ciberseguridade… apóiate en VINCUSYS e céntrate só na axenda diaria da túa empresa.

Como che axudamos?

Tooltip text
A túa estratexia 360º para dixitalizar o teu negocio. Deseño e programación web E-mail márketing Publicidade On line Solucións de software Márketing Márketing Dixital Plan de comunicacion Xestión de redes sociais

Somos unha axencia con 20 años de experiencia en servizos de publicidade, deseño web e consultoría tecnolóxica. Esta dilatada traxectoria permítenos facer unha composición de lugar global sobre o que unha empresa como a túa precisa para optimizar o seu tempo e recursos.

Ofrecemos campañas de comunicación e publicidade 360º que cobren as túas necesidades no curto, medio e longo prazo. Apostamos por un servizo integral no que o software de xestión específico e as implementacións a medida reforzan o potencial do teu negocio.

Os nosos community managers especializados en distintas áreas sacarán o maior partido ás túas redes sociais, dinamizarán a túa atención ao cliente e reforzarán a túa imaxe de marca.

Co apoio do software de análise de datos adecuado, terás a man toda a información sobre os teus clientes para ofrecerlles un trato personalizado e fidelizalos.

Comezamos algo novo?

De conformidade coas normativas de protección de datos, facilitámoslle a seguinte información do tratamento: Responsable: VINCUSYS, SL. Fins do tratamento: manter unha relación comercial e enviar comunicacións de produtos ou servizos Dereitos que lle asisten: acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición. Máis información do tratamento na política de privacidade.