Site icon VINCUSYS

Visita a nosa páxina de erro! (Só desde ordenador)

Página de error

Parece mentira que, como axencia de márketing e tecnoloxía, esteamos facendo un chamamento para que visites a nosa páxina de erro, pero así é. Apareceuche algunha vez esta pantalla no noso sitio web? Se é así, entenderás por que o facemos 😂.

A ninguén lle gusta atoparse cun erro 404, pero algunha vez ocorre. Pode ser por múltiples cuestións: enlaces rotos, algunha palabra mal posta na url… Para ti, como usuario, o motivo dá igual, a cuestión é que sentes frustración. Pero, e se puideras xogar unha partidiña ao comecocos?

En VINCUSYS pensamos nos nosos clientes en cada decisión que tomamos. Facendo a nova web, consideramos que non podíamos ter unha páxina de erro aburrida. Se o que queres visitar non funciona, polo menos habería que quitar ese mal sabor de boca.

Así que se nos ocorreu facer un xogo para compensarte. A nosa páxina de erro contén un comecocos para pasar o tempo á vella usanza, sempre que nos visites desde o ordenador. Con puntuación e niveis incluídos!

Como ves, na nosa axencia de márketing en Galicia atendemos sempre a cada detalle. Se precisas os nosos servizos de comunicación e tecnoloxía, non dubides en contactar connosco. Se simplemente queres matar un pouco o tempo, xa sabes a onde tes que ir 😉.

Exit mobile version