Site icon VINCUSYS

AIP Telco confía en VINCUSYS para deseñar a súa imaxe de marca e páxina web

AIP Telco confía en VINCUSYS para diseñar su imagen de marca y página web

A empresa de telecomunicacións AIP Telco confiou en nos para deseñar dende cero a súa imaxe de marca e crear a súa páxina web. Neste artigo, presentámosche o resultado: unha identidade sinxela e elegante acompañada dun sitio web dinámico e funcional.

AIP Telco é un negocio formado por asesores de telecomunicacións. Gracias ao seu coñecemento do sector, orientan aos seus clientes cara a mellor solución para as súas necesidades de comunicación.

En VINCUSYS ideamos a imaxe de marca de AIP Telco. Deseñamos o seu logotipo, que representa a esencia da empresa. Empregamos dúas tipografías, unha con serifa e outra sen serifa, e utilizamos as súas cores corporativas para remarcar esa diferencia. A icona que hai presenta, dun teléfono, suxire a simple vista a actividade á que se dedica.

Tamén realizamos a aparencia das súas tarxetas de visita, unha forma visual de entrar en contacto con clientes potenciais, aplicando esta identidade de marca.

A páxina web de AIP Telco, pola súa parte, rezuma funcionalidade. Está estruturada como unha ‘landing page’, é dicir, que todo está presente nunha mesma páxina. Coma sempre, tivemos en conta as necesidades e suxestións do noso cliente á hora de darlle forma ao seu sitio, seguindo o manual de marca.

Quixemos achegarlle un toque de dinamismo e movemento, polo que agregamos un conxunto de animacións e elementos gráficos para que, ao deslizar cara abaixo, xeren esta sensación no visitante. Tamén empregamos imaxes e mockups que acompañan á información, de xeito que sexa máis atractiva á vista.

Ten varias categorías: servicios, nosotros, facilidades e contacto. En servicios, como indica o seu nome, atópanse agrupadas as actividades que realizan, organizados nunha columna cunha pequena descrición, unha icona e un botón que redirixe ao formulario de contacto. Estas son telefonía para empresas, servizos de fibra y ADSL, centralita telefónica e tarifas a medida.

Nosotros inclúe unha breve descrición de AIP Telco. Facilidades, pola súa parte, fala de como axilizan os procesos aos seus clientes.

Por último, está o formulario de contacto, unha parte esencia do sitio, xa que contén os datos necesarios para facer unha consulta ou concertar unha cita.

Se tes un negocio e necesitas unha nova identidade corporativa, podes contactar connosco sen ningún compromiso para pedir un orzamento.

Exit mobile version