Noticias

Identidade de marca
Como elixir unha tipografía para a túa marca?

Como elixir unha tipografía para a túa marca?

Á hora de crear unha identidade de marca, unha das preguntas máis frecuentes que nos podemos facer é como elixir unha tipografía acorde co que queremos transmitir. E é que decidir entre un tipo de letra ou outro pode ser crucial no deseño gráfico.

A importancia da identidade de marca

A importancia da identidade de marca

Cada marca é diferente. Isto é un feito. Unha marca non é soamente un logotipo, unha marca é todo o que hai detrás: os traballadores, os produtos, os servizos e os valores que ten. Agora ben, a identidade de marca é todo aquilo polo que os teus consumidores che van recoñecer. Isto inclúe aspectos como o ton que empregas cando comunicas os conceptos que queres expresar, as mensaxes que transmites, os valores da túa marca e as emocións que provocas nos teus clientes cando interactúan coa túa marca.