Site icon VINCUSYS

As nosas impresións sobre WhatsApp para negocios

whatsapp business nuestras impresiones

Hai uns días chegaba a Google play unha das apps máis esperadas polas empresas e os autónomos. Falamos de WhatsApp para negocios ou WhatsApp Business. Nun principio, só está dispoñible para a versión de Android, pero non tardará moito en chegar á App Store. Esta nova aplicación non nos abre un novo mundo porque a maioría dos negocios xa usábamos a versión clásica deste servizo de mensaxería para comunicarnos cos nosos clientes, pero si que nos ofrece certas novidades que temos que mencionar. Estes días, estivemos testándoa e queremos compartir as nosas impresións sobre WhatsApp para negocios con vós.

Que nos ofrece WhatsApp para negocios?

Perfil de empresa

O que podemos destacar desta nova app é a posibilidade de crear o noso perfil de empresa. É unha función moi interesante á hora de dar información relevante ao noso público potencial. WhatsApp Business danos a posibilidade de poñer a dirección do noso negocio así como unha miniatura de Google Maps para facilitar a todo aquel que queira chegar á oficina un mellor coñecemento da súa localización. Esta información compleméntase co horario do negocio, a súa dirección de e-mail e páxina web.

Mensaxes personalizadas

WhatsApp permítenos escribir unha mensaxe de benvida de 200 caracteres como máximo, para todos aqueles que se poñan en contacto connosco por primeira vez. Tamén dá a posibilidade de escribir unha mensaxe de ausencia, o que é unha boa forma de manter aos clientes informados e lembrar que fóra do horario de atención ao público non se contesta ás mensaxes.

Tamén podemos personalizar a resposta curta. Esta é útil cando temos que explicar o mesmo asunto a distintos clientes. Se contamos cunha mensaxe estándar para certas situacións, podemos gardala como modelo para posteriores usos. Conseguímolo configurando a mensaxe como resposta curta para que se automatice e non perdemos tempo escribindo o mesmo unha e outra vez.

Que botamos de menos en WhatsApp para negocios?

Compatibilidade do número de teléfono

Un gran hándicap que lle atopamos á nova aplicación é a imposibilidade de usar o mesmo número de teléfono que tiñamos na versión clásica. Para paliar isto, WhatsApp permite aos usuarios utilizar un teléfono fixo. Porén, non todos os negocios contan cun fixo. A alternativa é dar de alta unha nova liña ou elixir o perfil profesional no teléfono persoal.

Verificación do nome de empresas

Acaba de saír, si, pero este paso parécenos bastante importante e descoidouse por parte de WhatsApp. De momento, a empresa só verificou a versión de negocio a un pequeno grupo de empresas que participou na versión piloto. A verificación permitirá engadir un plus de profesionalidade aos negocios e aumentar a confianza cos clientes. De momento, non ter a verificación prexudica ás pequenas e medianas empresas, maioría no noso país. Teñen moito traballo por diante para lograr verificar todos os números de negocios.

Estadísticas completas

De momento permitiron o acceso a un pequeno panel de estatísticas: as mensaxes enviadas, recibidas e lidas polos usuarios. Son datos moi pobres e non achegan valor. Esperamos que en futuras versións estas estatísticas vaian a máis e poidan ofrecer máis información relevante.

En definitiva, podemos dicir que a nosa opinión sobre WhatsApp Business se resume en que é unha aplicación que pode achegar moito aos negocios pero, a día de hoxe, está lonxe de facelo. Esperaremos a futuras actualizacións para ver cales son as melloras. Nós témola instalada, así que para poder contactar connosco podes utilizar o WhatsApp ou escribirnos ao contacto da web.

Exit mobile version