Instagram desvelou novidades dirixidas a axudar aos creadores de contido. A rede social creou unha nova métrica, as ‘views’ ou visualizacións, que será clave para medir as estadísticas das publicacións. Ademais, ampliaron o límite de arquivos que se poden usar nos carruseis.
Noticias
Estatísticas
As nosas impresións sobre WhatsApp para negocios
Hai uns días chegaba a Google play unha das apps máis esperadas polas empresas e os autónomos. Falamos de WhatsApp para negocios ou WhatsApp Business. Nun principio, só está dispoñible para a versión de Android, pero non tardará moito en chegar á App Store. Esta nova aplicación non nos abre un novo mundo porque a maioría dos negocios xa usábamos a versión clásica deste servizo de mensaxería para comunicarnos cos nosos clientes, pero si que nos ofrece certas novidades que temos que mencionar. Estes días estivemos testándoa e queremos compartir as nosas impresións sobre WhatsApp para negocios con vós.