Site icon VINCUSYS

Por que WhatsApp Business?

whatsapp para negocios

WhatsApp Business permite a comunicación cos contactos dun usuario tanto por texto como voz ou vídeo. A pesar de incorporar comunicación por todos os medios posibles, sigue tendo un éxito incrible sobre todo nas comunicacións por mensaxes de texto.

Dende o seu nacemento, o 24 de febreiro de 2009, converteuse nunha das aplicacións máis empregadas do mundo con máis de 1.200 millóns de usuarios activos, os que a converten nunha ferramenta que non pode pasar desapercibida para as marcas, por todo o potencial que ten.

Dende o mes de xaneiro de 2018 xa dispoñemos en España da aplicación para Android de WhatsApp Business. Esta é unha variante da propia aplicación pensada para o seu uso en empresas. Para empregar a aplicación só debemos descargala de Google Play e asociala cun número de teléfono. Con isto xa poderemos ter presenza corporativa na rede de WhatsApp.

https://www.vincusys.gal/blog/as-nosas-impresions-sobre-whatsapp-para-negocios/

A continuación, enumeramos unha serie de características de WhatsApp Business para analizar as diferenzas e bondades da nova aplicación fronte á aplicación convencional.

Mesma interface de aplicación con funcionalidades de perfil avanzado

A interface de WhatsApp é similar, por non dicir igual en aparencia, á aplicación que se emprega para comunicarse a nivel persoal. Crear unha conta en WhatsApp Business é igual que crear unha conta de WhatsApp de toda a vida, é dicir, que unha vez descargada a aplicación tan só temos que verificar o noso número. Unha das vantaxes de WhatsApp Business é que ao tratarse dunha aplicación diferente podemos tela instalada no mesmo móbil que o noso WhatsApp persoal, podendo empregar ambas aplicacións. Aínda que existían trucos para instalar máis dunha aplicación de WhatsApp na mesma terminal.

Esta característica cobra especial sentido, porque WhatsApp Business podemos vinculalo e crealo co número fixo da nosa empresa, non sendo necesario un número de móbil extra para a conta de empresa.

Perfil de empresa

Dentro dos axustes da aplicación é onde atopamos a gran diferenza con WhatsApp. Aparece un menú chamado “Axustes de empresa” que será onde figuren todas as características novas vinculadas coas empresas.

O primeiro elemento e máis amplo que nos atopamos é o de Perfil. O perfil permítenos configurar todas as características e información relacionadas coa nosa empresa.

Respostas automatizadas

Outra das novas características que nos achega a aplicación son as ferramentas. Conta con ferramentas específicas para facilitar a xestión dos negocios.

Mensaxes de benvida

Coas mensaxes de benvida podemos crear unha mensaxe estandarizada que se enviará de forma automática cando un cliente escriba por primeira vez ou cando non tiveramos interacción con el durante máis de 14 días e este nos escriba. O límite da mensaxe é de 200 caracteres.

Mensaxe de ausencia

Permítenos crear mensaxes automatizadas de ata 200 caracteres que se enviarán cando recibamos unha mensaxe e non esteamos dispoñibles. No horario que nós mesmos seleccionemos para o perfil. É importante sinalar que as mensaxes de ausencia só se envían cando o teléfono ten conexión a Internet. Se o teléfono está apagado ou fóra de cobertura, os nosos clientes non recibirán a mensaxe.

Respostas rápidas

Outra das opcións son as respostas rápidas, similares aos atallos do teclado. Son frases que gravamos previamente e que despois con tan só escribir unha palabra ou un carácter énchense automaticamente. Por exemplo, podemos engadir «/grazas» para que responda automaticamente un «Moitas grazas pola súa consulta, foi un pracer axudarche».

Estatísticas

Móstranos o número de mensaxes enviadas, entregadas, recibidas e lidas.

Etiquetas

A última característica de WhatsApp Business, e diferenza con WhatsApp, é a das etiquetas. Permítenos almacenar as mensaxes de conversacións asociadas a unhas etiquetas ou categorías para que nos sexa máis sinxelo atopalos posteriormente.

Coñecidas as súas especificacións, deixámosche un artigo coas vantaxes e inconvenientes por se che apetece ampliar información sobre WhatsApp para negocios:

https://www.vincusys.gal/blog/vantaxes-e-inconvintes-de-whatsapp-business/

Exit mobile version