Site icon VINCUSYS

A importancia do deseño gráfico nas empresas

importancia del diseno grafico 1080x617 1

O emprego ou non do deseño gráfico tanto en pequenas como en medianas empresas non é unha cuestión de elección, senón unha esixencia do mercado.

Se pensamos en deseño, automaticamente pensaremos en posibles imaxes, cores a empregar… Porén, debemos ter en conta que non se trata simplemente de aquilo que podemos observar, senón que vai máis alá do sentido visual, chegando ás nosas emocións.

O márketing de contidos é a principal ferramenta de difusión de información cara o noso público, pero a presentación que lle damos a esta é moi importante. Aquí é onde botamos man do deseño gráfico. Ás veces resulta que os nosos contidos son mellores que os da competencia, pero poden xerar menos engagement, debido a que non son tan atractivos visualmente. O deseño gráfico encargarase polo tanto, de darlle aos nosos contidos un aspecto profesional e atractivo visual.  Estes aspectos espertarán nos nosos lectores a necesidade de compartir o contido se o consideran interesante.

Dentro da área do deseño gráfico podemos falar de dous soportes básicos: papel e web. En canto ao papel pódense elaborar tarxetas, trípticos, flyers, folletos, catálogos… e en canto á web, referímonos ás páxinas web, landing pages, e-commerces… Trátase de mostrar a imaxe corporativa da empresa de forma atractiva, por iso é importante coidar o deseño gráfico nas empresas, independentemente do tamaño do negocio.

Investindo en deseño, a nosa empresa sempre terá un plus, sendo percibida polos usuarios coma unha compañía próxima e ofrecendo un alto nivel de competencia.

Un aspecto principal é que a función da comunicación visual non é soamente elaborar unha imaxe cun texto e publicala. Este feito vai máis alá, e é onde debemos ter en conta a segmentación. A mensaxe que queremos enviar debe ser captada polo noso público potencial, chegando a aquelas persoas nas que queremos deixar pegada. A mensaxe debe xerar nelas unha emoción que vinculen coa nosa marca, facendo que a mensaxe perdure.

En VINCUSYS, posicionamos o teu negocio co deseño innovador que estás buscando para chegar á maior cantidade de clientes posibles. Se queres apostar por un deseño gráfico coidado na túa empresa, contacta connosco e deixa que te axudemos coa túa imaxe visual.

Foto: ElisaRiva, geralt, ptra

Exit mobile version