A propósito dun servizo que contratamos a outra empresa e a nosa experiencia co seu servizo de atención ao cliente escribimos hoxe este post en clave de márketing, pero baseándonos nunha experiencia persoal moi recente. O caso é que contratamos un servizo que non é tal e como nolo venderon nin a nivel de profesionalidade nin a nivel de atención. A nosa experiencia foi bastante negativa, tanto polo traballo que nos desenvolveron como polo servizo de atención ao cliente que nos deron ante as nosas queixas.