Somos unha axencia de comunicación e publicidade con máis de 15 anos de experiencia
A comunicación, para ser eficaz, precisa unha planificación meditada e minuciosa. Un plan de comunicación a medida que mostre a folla de ruta, os obxectivos pautados, o libro de estilo e o ton no que a túa empresa se relaciona cos seus clientes permitirache ofrecer unha imaxe coidada e inequívoca.
A nosa traxectoria de máis de 15 anos no sector da comunicación corporativa permítenos poñer á túa disposición toda a nosa experiencia e saber facer, para optimizar cada paso que deas cos teus clientes. Comezamos cando queiras 😉.
Agora que xa temos claro que a estratexia é chave para unha comunicación eficaz, chega o momento de deseñar un plan de comunicación que contemple os pasos a seguir no curto, medio e longo prazo. Todo isto debe contar sempre con obxectivos realistas, cuantificables e enfocados a resultados.
Os froitos que queiramos recoller marcarán en gran medida as liñas a seguir: non faremos o mesmo se queremos facer branding (dar a coñecer a túa marca), que se pretendemos mostrar un aspecto novidoso sobre ela. A comunicación tamén pode estar enfocada a vendas, fidelización... ou a mudar a sensación que o teu público ten sobre os teus produtos ou servizos. Isto incluiría curación de contidos negativos sobre a túa marca ou produtos ou a xestión da túa reputación on line.
É importante lembrar que todo comunica, dende a web ata a sede do teu negocio, pasando polo que dis en redes, ou como o dis! E por iso precisas o apoio dun equipo que te guíe e acompañe a cada paso que teñas que dar. Agora só queda responder a esta pregunta: cando comezamos?
Con que medios teño que contactar?, a quen teño que escribir?, que tipo de información teño que facilitar?, que fago se me piden fotos ou material adicional? Este tipo de dúbidas poden xurdirche á hora de relacionarte cos medios.
Non saber cando, a quen, como ou que enviar a prensa pode derivar en que a túa empresa non apareza en medios. Enviar información que non cumpra cos criterios noticia tamén. A boa nova é que en VINCUSYS contamos con profesionales do sector que saben como responder a todas esas cuestións e que farán todo o posible para que a túa información remate publicada.
Dende a túa empresa e sobre ela terás que decidir que queres transmitir, a quen, como e a través de que medios. É un pingo constante, un traballo de formiga, pensado para o medio e longo prazo, que condicionará en gran medida a impresión que a sociedade teña sobre o teu negocio.
Podes controlar este fluxo de información? Dende logo. Pero terás que fixar unhas pautas na túa comunicación. É dicir, marcar unha folla de ruta e unha estratexia. De novo, estamos ante un xadrez no que mover as pezas con seguridade, coñecendo as súas posibilidades e o desafío ao que te enfrontas pode derivar en que gañes a partida.
Cóntanos que queres transmitir e nós explicarémosche como o podes facer. Agardámoste en Basquiños 20 de Santiago ou no 881 830 362.
O noso equipo leva moitos anos dedicándose a crear a imaxe de marca de numerosas empresas de distintos sectores. Dende a de compañías que queren transmitir sinxeleza, elegancia e sobriedade ata a de negocios novos que pretenden mostrar a súa capacidade de rachar os cánones establecidos a través do dinamismo propio dun equipo mozo e innovador.
Todo comunica e a imaxe corporativa da túa empresa é a túa carta de presentación. Por iso, en VINCUSYS estudamos o teu caso e parámetros como o que queres transmitir, como encaixa dentro do teu sector ou que está facendo a túa competencia, para ofrecerche un proxecto de imaxe de marca a medida, que che encaixe e que represente ao 100% os valores do teu negocio.
Deseñamos todos os elementos que precisa a túa empresa para o seu día a día: tarxetas, follas de carta, sobres, cuños, vinilos, lonas, vallas, merchandising… se estás pensando en renovar a túa imaxe ou en comezar unha nova andaina, esperámoste en Baquiños 20 de Santiago de Compostela.
Un creativo é unha persoa (ou ás veces un superheroe) capaz de escoitarte, de entender o que queres e o que precisas -o teñas claro ti mesmo ou non-, e de darlle forma para comunicalo gráficamente dunha forma que cumpra os teus obxectivos e non deixe indiferente ó teu público.
Efectivamente, non é sinxelo. Se o fora, calquera podería selo. Pero é preciso dominar nunha serie de ferramentas de deseño gráfico, ter unhas boas dotes comunicativas e saber responder ás demandas dunha persoa á que en realidade apenas coñeces. Aceptamos o reto porque é un traballo que levamos moitos anos realizando con resultados satisfactorios para ambas partes. A ledicia de ver a un cliente sorrir ó ver unha das nosas propostas de deseño é un plus que non sal na factura 😊.
Podes delegar en nós o deseño do teu packaging, dunha publicidade que queiras insertar en medios, dun mupi, valla ou marquesina, do teu merchandising… ou, mellor aínda, de todo o que precise a túa empresa!
Escoller os medios máis axeitados para optimizar a túa inversión e conseguir retorno non é unha tarea sinxela. No caso de medios de comunicación off line, a tarefa complícase porque os sistemas de medición de audiencias non son tan exhaustivos como os do mundo on line e é moi posible que non teñas acceso a eles en tempo real. Pero dependendo de cal sexa o teu público e o teu obxectivo nun momento dado, é certo que poden ser grandes aliados. Coñecer as dinámicas dos medios é fundamental para saber onde, como e cando invertir.
No caso dos medios on line, as estatísticas de Google ofertan unha información moi valiosa. Podes chegar a ter unha idea bastante aproximada de quen fixo clic nun banner que pagaras nun xornal on line, ou coñecer o número e perfil de persoas que leron a túa publirreportaxe.
Agrupar un bo deseño de contido cunha imaxe coidada, sabendo por que medios apostar e que esixencias se deben pedir aos medios require dun know-how que nós temos e poñemos á túa disposición. Optimiza a túa inversión da man dun equipo cunha dilatada experiencia que te guiará en cada paso. Queres saber como?
Os servizos integrais de comunicación interna e externa
que a túa empresa precisa
VINCUSYS é a fusión de dúas axencias, VINCUTATO, que naceu en Barcelona, e COMUSYS, orixinaria de Santiago de Compostela. Tras unha década de andaina por separado, pero traballando conxuntamente en distintos proxectos, a unión permitiunos sumar o noso coñecemento e experiencia e dar servizo a empresas de distintos puntos da xeografía española, principalmente en Galicia, Catalunya, Madrid, Euskadi, Castela León, Comunitat Valenciana e Andalucía. A nosa proximidade con Portugal facilitounos tamén entrar nese mercado, onde contamos con clientes en Porto, Braga e Lisboa.
Contamos ademáis con partners en distintos puntos da xeografía española para ofrecer servizos de proximidade cando o proxecto así o require.
Experiencia, servizo integral e proximidade. Comezamos?