Servizos que nos impresionan ata a nós 😱.
O noso coñecemento e experiencia permítennos asesorarte en calquera decisión de inversión que necesitas facer en tecnoloxías da información, en función das necesidades específicas do teu proxecto. Queremos ser o partner tecnolóxico que te acompañe a cada paso que deas e axudarche a medrar.
Delega e céntrate no teu negocio apostando por un equipo cunha dilatada experiencia no sector TIC e deixa que nos encarguemos da estratexia tecnolóxica, dos teus sistemas e do desenvolvemento que precisas.
Os nosos 15 anos de experiencia en deseño e desenvolvemento de páxinas web permítennos implementar sempre as últimas tecnoloxías para que o teu negocio poida aproveitar todas as vantaxes de estar on line. Desenvolvemos todo tipo de sitios web, corporativos, para tendas on line e-commerce ou plataformas de aprendizaxe e-learning. WordPress, Prestashop, Magento, desenvolvementos a medida integrados co teu sistema de xestión… todo o que precises 👍!
Centramos os nosos esforzos na optimización técnica, para cumprir cos requisitos de Google, e na experiencia de usuario, tanto en ordenador como en smartphone, apostando sempre por deseños mobile-friendly.
As nosas páxinas están pensadas para conseguirche os mellores resultados, poñendo énfase en dous aspectos: transmitir os valores da túa marca con eficacia e cercanía e mazimizar as conversións, para incrementar os teus beneficios.
Tes una idea? Creamos para ti a aplicación ou programa informático que necesitas. Desenvolvemos software, aplicacións web e para móbiles tendo en conta as túas necesidades, os obxectivos que persegues e a tecnoloxía máis adecuada.
Programamos aplicacións completamente a medida segundo os teus requisitos ou facemos adaptacións e módulos para software libre, para que o resultado sexa o máis adecuado para o teu negocio.
Se precisas unha integración entre diferentes sistemas tamén podemos axudarche, porque ofrecemos solucións modulares para sincronizar a información entre distintos programas.
Asesorámoste para implantar o software que mellor se adapte ás necesidades da túa empresa, non sen antes ofrecerche consultoría de software para a súa posterior despregadura no teu negocio.
Especializámonos en solucións para xestión empresarial, como software de contabilidade de xestión de clientes CRM, xestión de proxectos, xestión integral de negocios ERP, Márketing Automation ou plataformas de formación.
Traballamos tanto con solucións de software libre como comerciais para ofrecerche o sistema máis flexible que se adapte ás túas necesidades reais. Queres saber como o facemos?
Queremos ser o socio tecnolóxico que precisas. Por iso che propoñemos encargarnos do desenvolvemento e xestión da infraestrutura hardware e software para as túas redes e sistemas que cubra as túas necesidades. Adaptamos as nosas solucións a calquera tipo de empresa e circunstancia, tanto localmente como na nube.
Tamén che ofrecemos solucións na nube para os teus proxectos on line e un servizo global con servidores en diversos países para brindar solucións optimizadas segundo o público ao que queiras orientalas.
Encargámonos da creación de sistemas informáticos seguros, como a configuración de segmentos de rede, o acceso a través de redes privadas virtuais VPN para teletraballar ou o uso de firewalls perimetrais avanzados. Tamén poñemos en marcha plans de copias de seguridade (backups) para a actuación en caso de desastres. Comezamos?
Nun mercado tan competitivo como o actual, no que a tecnoloxía ocupa un posto central, o noso servizo de auditoría especializada permitirache poñer á túa empresa nunha posición estratéxica que cubra as demandas crecientes da industria.
Auditamos a infraestrutura tecnolóxica do teu negocio para axustala ao cumprimento normativo e proporcionámosche solucións que che brinden tranquilidade. Igualmente, comprobamos que o software do que dispós conta coa máxima fiabilidade e che sirve de apoio no camiño cara a excelencia.
A seguridade informática é un concepto crucial para calquera empresa. Unha auditoría de ciberseguridade descubrirá os erros no teu sistema de seguridade dixital e permitiranos reforzalo ante recorrentes intentos de ataque.
Como axencia de márketing e tecnoloxía, ofrecémosche desenvolvemento e mentoring de proxectos de dixitalización do teu negocio. As nosas solucións 360º e como partner tecnolóxico permitiranche centrar os teus esforzos nos quefaceres do teu negocio.
A transformación dixital xoga un papel de gran importancia na actualidade, e dende VINCUSYS, como especialistas en negocios dixitais, axudámosche e acompañámoste durante todo o proceso, dende a posta en marcha de solucións de teletraballo ou formación a distancia ata o salto ao entorno on line ou a venda a través de e-commerce.
Unha das nosas áreas de especialización é a análise de datos e de resultados de negocios, para ofrecer estratexias orientadas a resultados. Obtén sempre a información necesaria no momento preciso co formato adecuado para aumentar o teu beneficio empresarial e a túa rendibilidade.
Consultoría tecnolóxica estratéxica
para optimizar os teus recursos e optimizar as túas vendas
VINCUSYS é a fusión de dúas axencias, VINCUTATO, que naceu en Barcelona, e COMUSYS, orixinaria de Santiago de Compostela. Tras unha década de andaina por separado, pero traballando conxuntamente en distintos proxectos, a unión permitiunos sumar o noso coñecemento e experiencia e dar servizo a empresas de distintos puntos da xeografía española, principalmente en Galicia, Catalunya, Madrid, Euskadi, Castela León, Comunitat Valenciana e Andalucía. A nosa proximidade con Portugal facilitounos tamén entrar nese mercado, onde contamos con clientes en Porto, Braga e Lisboa.
Contamos ademáis con partners en distintos puntos da xeografía española para ofrecer servizos de proximidade cando o proxecto así o require.
Experiencia, servizo integral e proximidade. Comezamos?