A túa estratexia de márketing en Galicia
Dispor dun plan de márketing a medida que contemple o camiño a seguir no curto, medio e longo prazo é esencial para non rematar perdendo o tempo con accións inconexas, non optimizadas.
Dende VINCUSYS, a túa axencia de márketing dixital en Galicia, creamos un plan de márketing estratéxico para a túa empresa, apostando polas canles on line e off line para potenciar os teus puntos fortes, axudar a minimizar os débiles e apostar por visibilizar e reforzar as túas vantaxes competitivas.
Na nosa axencia de márketing dixital contamos con máis de 15 anos de experiencia neste ámbito ás nosas costas. Poñemos á túa disposición todo o noso coñecemento do sector para que poidas empregar Internet e as canles on line para crear e difundir a túa imaxe de marca (branding), conseguir novos clientes e fidelizar os actuais.
Un equipo formado por especialistas prestarache os servizos necesarios para cada unha das áreas chave da túa empresa: márketing, comunicación, tecnoloxía, deseño gráfico, deseño web e formación a medida, tanto in company como on line. Un servizo 360º para que ti só te teñas que preocupar polos quefaceres do teu negocio, coa garantía e confianza do respaldo dun equipo multidisciplinar moi preto de ti.
Ofrecémosche un abano de servizos amplo grazas á nosa formación transversal e experiencia omnicanle con ducias de clientes de toda España.
A xestión eficiente da presenza do teu negocio en redes sociais vai moito máis aló de compartir fotos, vídeos ou frases inconexas nelas. É imprescindible ter unha estratexia, un plan de contidos e un libro de estilo, cos que os teus seguidores pasen de ser meros usuarios dunha rede seguindo a unha empresa en Facebook, Twitter ou Instagram, a converterse nunha comunidade unida, que se identifica coa túa marca e os seus valores e a recomenda.
Crear comunidade é un esforzo activo, constante e eficiente que require de profesionalidade, perseveranza e dinamismo.
É na xestión de crise, cando un cliente ou varios mostran o seu descontento ou insatisfacción cun produto ou servizo, onde máis podes marcar a diferenza. De pequenas crises nacen grandes vitorias, saber xestionalas adecuadamente para que isto suceda é tarefa dun profesional con experiencia en atención ao cliente e, sobre todo, moita man esquerda.
Hoxe por hoxe, as plataformas para publicidade on line que permiten unha analítica máis exhaustiva e unha relación retorno de inversión-prezo superior son as redes sociais e Google. No caso dos social ads, eres ti quen fala dos teus produtos e servizos aos usuarios das redes, é unha estratexia de oferta. No de Google ads, é o teu cliente potencial quen está buscando información sobre produtos e servizos que ti poderías ofrecerlle, é unha estratexia de captación de demanda.
A publicidade en redes sociais (de oferta), sumada á de Google (de demanda) pode ser unha combinación moi eficaz se o que buscas é o dobre obxectivo de dar a coñecer os teus produtos e servizos e captar novos clientes.
Dende a nosa axencia de márketing dixital tamén podemos aunar esta estratexia de oferta e demanda con remárketing e otros tipos de publicidade on line, como banners, vídeos, publirreportaxes, contidos de pago ou outros elementos que non teñen que ofrecerse necesariamente a través das canles habituais.
Incluir campañas on line dentro da estratexia de márketing permite impactar a un público máis amplo e mellorar as túas taxas de retorno da inversión.
Accións como o remárketing ou a publicidade programática axudaranche a volver a chamar a atención daquelas persoas que xa visitaron a túa páxina web, a través de banners ou imaxes publicitarias personalizadas.
A rede de display de Google será moi útil para chegar a potenciais clientes que están interesados en temáticas similares ás do teu negocio.
Podes contarnos que obxectivos queres acadar na túa empresa e nós deseñamos as campañas on line necerarias para conseguilos.
Ter unha base de datos actualizada dos teus clientes pode ser moi útil á hora de comunicarlles que lanzaches novos produtos, servizos, promocións... Por iso é fundamental que gardes os seus e-mails, respectando sempre a normativa vixente en materia de protección de datos, tanto española como europea.
A través de newsletters ou de e-mail márketing a medida poderás lembrarlles que sigues aí, moi preto, fidelizalos e incrementar as túas vendas. Tamén contarlles as novidades do teu negocio, eventos, responsabilidade social corporativa, patrocinios, información útil do seu sector…
Envíanos un e-mail 😉 á nosa axencia de márketing dixital e contarémosche que campaña pode ser eficaz para a túa empresa, segundo os obxectivos estratéxicos que teñas en cada momento.
Optimizar o teu sitio web é fundamental para acadar máis visibilidade, que se traducirá en máis clientes e un incremento das túas vendas. Conseguir ocupar as mellores posicións en Internet grazas ao posicionamento web SEO, permitirá que te atopen rápidamente. Hoxe en día, se non estás entre as dúas primeiras páxinas de resultados de Google, estás morto.
Unha web rápida que cumpra con todos os requisitos de Google a nivel técnico e de contidos conseguirache mellores resultados que a túa competencia. Se ademais a experiencia do usuario (UX) está optimizada e o embude de conversións (CRO) está ben configurado, as posibilidades de éxito multiplícanse.
A analítica web e o estudo do fluxo de visitas permitirache coñecer mellor aos teus clientes e potenciais clientes e enfocar as túas estratexias cunha marxe de erro mínima. Un seguimento constante mostrarache a evolución da túa empresa e do teu sector, posbilitarache crear obxectivos factibles a medio e longo prazo e mellorará os teus resultados. Escrébenos a info@vincusys.com e poñerémonos man á obra.
Ofrecémosche un servizo integral de captación e fidelización
de clientes para o teu negocio
VINCUSYS é a fusión de dúas axencias, VINCUTATO, que naceu en Barcelona, e COMUSYS, orixinaria de Santiago de Compostela. Tras unha década de andaina por separado, pero traballando conxuntamente en distintos proxectos, a unión permitiunos sumar o noso coñecemento e experiencia e dar servizo a empresas de distintos puntos da xeografía española, principalmente en Galicia, Catalunya, Madrid, Euskadi, Castela León, Comunitat Valenciana e Andalucía. A nosa proximidade con Portugal facilitounos tamén entrar nese mercado, onde contamos con clientes en Porto, Braga e Lisboa.
Contamos ademáis con partners en distintos puntos da xeografía española para ofrecer servizos de proximidade cando o proxecto así o require.
Experiencia, servizo integral e proximidade. Comezamos?