Xa comentamos que o e-commerce é unha realidade para as empresas do noso país. É máis, prevese que siga medrando como ata agora. Pero para que o noso negocio on line prospere, debemos ter en conta o SEO. Temos que traballalo para que os usuarios que accedan á nosa web poidan apreciar a calidade dos nosos produtos e servizos e os adquiran. Traballar o SEO para e-commerce dá visibilidade á nosa web nos buscadores, o que aumenta a probabilidade de captar tráfico para converter.