Nunha contorna onde captar a atención do consumidor é cada vez máis difícil, o deseño de merchandising evolucionou radicalmente. Lonxe de ser un simple obxecto promocional cun logotipo impreso, hoxe o merchandising representa unha ferramenta clave de comunicación e de construción de marca.
Noticias
Por que debes ter unha estratexia de vídeo márketing?
Estou seguro de que todos, obviamente inclúome, consumimos vídeo, dende o móbil ou o noso ordenador. A plataforma tamén pode variar: en redes sociais coma Facebook, Instagram ou Twitter e en plataformas de vídeo como Youtube (na súa maioría). O que está claro é que nos encantan os vídeos e os consuminos cada vez máis, xa sexa para buscar un tutorial sobre como montar un moble ou por puro entretemento.
Como coidar a túa páxina web?
A estas alturas xa ninguén dubida da importancia que ten para a túa empresa coidar a túa páxina web. Vivimos nunha sociedade na que estamos permanentemente conectados, xa sexa a través dun ordenador na casa ou o noso fiel smartphone que levamos sempre connosco. Cando queremos buscar información, onde o facemos? Pois na web. Entón as empresas deben estar aí se queren que se lles coñeza e queren conseguir novos clientes.