Desgraciadamente, o mundo da axencia de márketing on line cada vez está máis asociado ao concepto de vendedores de fume. Non podo dicir que non nolo gañaramos. É un dos grandes problemas da venda de intexibles que, por outro lado, neste ámbito é fácilmente solventable aportanto estatísticas «oficiais» de Google, Facebook, Twitter… que non se poden trucar e que non enganan. O que si engana é, como en prensa, a visión que se dá ao cliente sobre os resultados obtidos.