Site icon VINCUSYS

Que é o SEO e por que é necesario?

definición de SEO

Para os que nos preguntades que é o SEO, contámosvos para comezar que é o acrónimo en inglés de Search Engine Optimization (optimización para motores de busca). Cando falamos de SEO, entendemos por este mellorar o posicionamento ou optimización dunha web para os motores de busca. O fin é mellorar a visibilidade da web nos resultados orgánicos de diferentes buscadores.

Dende a aparición dos primeiros buscadores e o boom das páxinas web, o SEO estivo presente como unha disciplina de gran importancia para lograr as mellores posicións nos buscadores e atraer o maior tráfico posible para poder lograr beneficios de esas visitas.

Cabe destacar que o SEO se centra nos resultados de busca orgánicos dos buscadores, é dicir, os que non son pagados.

Dentro do SEO podemos diferenciar dous tipos en función de se se seguimos as recomendacións e directrices dos motores de busca ou non.

Para lograr o posicionamento en buscadores existen miles de factores e deben terse en conta á hora de calcular a posición dunha páxina web. Podemos resumir en dous os factores principais que buscan mellorar o SEO:

Para establecer a nosa estratexia de SEO, debemos ter en conta que o SEO se divide en dous grandes grupos de accións, segundo onde se desenvolvan.

https://www.vincusys.gal/blog/vantaxes-e-desvantaxes-do-seo/

A importancia do SEO

A principal razón de peso para comezar a poñer en funcionamento unha estratexia SEO é facer que a túa web sexa máis útil e relevante para os usuarios e os buscadores. Así axudas aos motores de busca a entender cada unha das túas páxinas web e o seu contido, favorecendo que a mostren aos usuarios que poida resultarlles útil.

O SEO é unha inversión de longo prazo. Permitiranos conseguir tráfico cualificado á nosa web sen necesidade de investir grandes sumas en publicidade en buscadores.

Grazas ao SEO, poderás facer que os teus usuarios te atopen a través das buscas para as que a túa web é relevante, é dicir, cando buscan o que lles poidas ofrecer.

Algunhas nocións sobre buscadores

Para entender mellor o SEO é necesario saber como funcionan os buscadores, aínda que sexa dunha forma elemental. A modo de resumo, un motor de busca realiza dúas accións que logo permitirán mostrar os resultados aos usuarios:

Rastrexo

Os motores de busca dispoñen de robots ou bots que recorren as webs de Internet a través dos enlaces que existen dunhas a outras. De aí a importancia dos enlaces. Este rastrexo realízano como se se tratase dun usuario que navega por cada unha das seccións do contido do sitio web.

Para levar a cabo o rastrexo pódese chegar á web a través de enlaces ou ben facilitar o traballo proporcionando un listado de todas as URLs do sitio web a través dun sitemap (mapa do sitio). Todo nun formato comprensible polos bots.

Os bots dos motores de busca establecerán unha forma de visitar a web e ir analizando todo o contido do sitio en función de diferentes factores. Aquí cobra especial importancia ter unha web cun tempo de carga óptimo e con contido actualizado.

É importante restrinxir aos motores de busca o rastrexo de certas páxinas de pouco valor para o usuario ou que non queren tomar posición. Isto pode lograrse, por exemplo, co arquivo robots.txt, entre outras formas.

Indexación

Unha vez rastrexadas as páxinas polo buscador, con toda a información obtida, inclúense no índice. Aquí almacénase toda a información estruturada para que o motor de busca coñeza cada detalle da páxina web.

Deste modo, cando un usuario fai unha consulta, aparecen os resultados relacionados en función de tódolos factores que ten en conta o motor de busca. Sempre procurando ofrecer ao usuario os resultados máis relacionados coa súa consulta.

Para decidir que páxinas aparecen antes e cales despois, os motores de busca empregan algoritmos que buscan nos índices. En cuestión de milisegundos, son capaces de determinar que páxinas son máis relevantes, tendo en conta centos de factores para establecer a súa posición.

En resumo, para lograr saír nos resultados das buscas de usuarios debes implantar unha estratexia SEO. Esta axudarache a aparecer para os usuarios que son relevantes para os teus produtos ou servizos.

Se estás interesado en aplicar esta estratexia na túa empresa, contacta coa nosa axencia de márketing en Pontevedra e poñerémonos mans á obra.

https://www.vincusys.gal/blog/10-principios-para-unha-boa-estratexia-seo/

Exit mobile version