No mundo dixital, o tráfico e a visibilidade do teu anuncio son claves para o éxito. O planificador de palabras clave de Google é unha ferramenta fundamental para saber que busca o teu público.
Noticias
O potencial do vídeo márketing: que é e cales son os seus beneficios
O contido audiovisual está moi presente na nosa sociedade actual. Grazas a redes sociais, como YouTube ou TikTok, os vídeos popularizáronse en gran medida. Por iso, imos falar sobre que é o vídeo márketing e dos beneficios que pode achegar.
Copywriting: que é e como marca a diferencia
A persuasión é un factor clave no mundo da publicidade. Debes saber como enganchar aos teus posibles clientes a través de campañas e anuncios chamativos para destacar. E non so a nivel visual, tamén debes saber como redactar textos atractivos que vendan por si sós. Aquí, falarémoste do copywriting, que é e como pode marcar a diferencia.
A importancia de ter unha páxina web na era dixital
Vivimos na era dixital. Por iso, ter unha presenza en liña sólida é esencial para o éxito de calquera negocio. Un sitio web ben deseñado e funcional non só é un escaparate virtual, senón unha ferramenta estratéxica que pode impulsar ao crecemento da túa marca. Imos explorar a importancia de ter unha páxina web.
Por que deberías usar PrestaShop para a túa tenda on line
Nos últimos anos, o comercio on line creceu enormemente, en parte, debido á pandemia. Se tes unha marca ou unha tenda multimarca, pode que queiras abrir a túa propia tenda en Internet e aproveitar ese fluxo de clientes. Por iso, neste post imos contar que é e por que deberías usar PrestaShop.
Que é o SEO e por que é necesario?
Para os que nos preguntades que é o SEO, contámosvos para comezar que é o acrónimo en inglés de Search Engine Optimization (optimización para motores de busca). Cando falamos de SEO, entendemos por este mellorar o posicionamento ou optimización dunha web para os motores de busca. O fin é mellorar a visibilidade da web nos resultados orgánicos de diferentes buscadores.
7 pilares da estratexia de márketing dixital
Se nos paramos a observar o panorama tecnolóxico actual, é preciso para calquera empresa ou marca ter unha estratexia de márketing dixital sólida, xa que o éxito de calquera negocio está vinculado á elección dunha estratexia correcta conducindo á consecución de máis vendas e novos clientes.
Por que debes ter unha estratexia de vídeo márketing?
Estou seguro de que todos, obviamente inclúome, consumimos vídeo, dende o móbil ou o noso ordenador. A plataforma tamén pode variar: en redes sociais coma Facebook, Instagram ou Twitter e en plataformas de vídeo como Youtube (na súa maioría). O que está claro é que nos encantan os vídeos e os consuminos cada vez máis, xa sexa para buscar un tutorial sobre como montar un moble ou por puro entretemento.
Como optimizar o SEO para e-commerce?
Xa comentamos que o e-commerce é unha realidade para as empresas do noso país. É máis, prevese que siga medrando como ata agora. Pero para que o noso negocio on line prospere, debemos ter en conta o SEO. Temos que traballalo para que os usuarios que accedan á nosa web poidan apreciar a calidade dos nosos produtos e servizos e os adquiran. Traballar o SEO para e-commerce dá visibilidade á nosa web nos buscadores, o que aumenta a probabilidade de captar tráfico para converter.
Principais tendencias en márketing dixital e deseño web 2018
Damos a benvida ao 2018, un ano que virá con grandes novidades e no que os que nos dedicamos ao márketing dixital teremos que seguir actualizándonos. Repasaremos as principais tendencias en márketing dixital e deseño web 2018. A tecnoloxía e os usuarios seguirán sendo protagonistas este ano.
Mentiras sobre e-commerce: teño unha tenda on line, por que non consigo vender?
Esta é unha das eternas preguntas ás que se enfrontan as empresas que deciden crear unha tenda on line e apostar pola venda dos seus produtos a través de Internet. Pero os erros que se cometen tenden a ser iguais ou semellantes e algúns deles fáciles de solventar. Basta con traballar como unha formiga -inagotable e a diario- para que os resultados se vexan a medio prazo.
8 consellos para optimizar vídeos para SEO
Nos últimos anos, o vídeo márketing volveuse moi popular entre as empresas. A medida que as cámaras foron achegándose aos usuarios, fíxose máis sinxelo producilos. Na actualidade os móbiles permítennos realizar e compartir vídeos de alta calidade dende calquera lugar. De feito, compartir en directo cobra cada vez maior importancia.